Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 24 de abril de 2020 Páx. 18706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 1 de abril de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente-e IN407A 2020/37-1).

Expediente-e: IN407A 2020/37-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: adecuación da LMT MEA827 e do CT O Baleo A Rocha, no lugar do Baleo.

Concello: Ortigueira.

Características técnicas.

• Retensado de liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 619 m, con orixe no apoio núm. 88-6 da LMT MEA827, condutor tipo LA-30 mm2 Al e remate no apoio núm. 88-11 proxectado da LMT MEA827.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV cunha lonxitude de 110 m, con orixe no apoio núm. 88-11 proxectado da LMT MEA827, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate no CT O Baleo A Rocha proxectado.

• Centro de transformación prefabricado O Baleo A Rocha, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V. Configuración de celas 2L+1P SF6 (unha telecontrolada).

• Desmantelamento da liña e do CT existente.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 1 de abril de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2020/37-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: adecuación da LMT MEA827 e do CT O Baleo A Rocha, no lugar do Baleo.

Concello: Ortigueira.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: polígono 20-parcela 763.

Cultivo: labor.

Propietario: Javier Lorenzo Vale.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm. 88-11 centro de transformación e aceso.

• m2: 34,01.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais subterráneos: 28,0.

• m2 subterráneos: 90,0.