Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 27 de abril de 2020 Páx. 18760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2019/197-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS saída cero de Sanxenxo, CR polígono industrial de Nantes e LMTS reforzo de VALG807.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: liña de media tensión en sete tramos:

• Actuación 1: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 35 metros de lonxitude con orixe na cela da LMT de saída da subestación de Sanxenxo e final no empalme que se vai realizar na arqueta situada fóra do recinto da subestación.

• Actuación 2: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 1.240 metros de lonxitude con orixe no empalme que se vai realizar na arqueta situada fóra do recinto da subestación e final na cela da LMT do CR proxectado.

• Actuación 3: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 1.704 metros de lonxitude con orixe no empalme que se vai realizar no tramo VLG8071020 cara á derivación ao CT Dadín e final no empalme que se vai realizar no tramo VLG8071008 cara á subestación de Vilalonga.

• Actuación 4: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 21 metros de lonxitude con orixe no empalme que se vai realizar no tramo SAX8020030 cara ao CT polígono Nantes nº 9 e final na cela da LMT do CR proxectado.

• Actuación 5: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 21 metros de lonxitude con orixe no empalme que se vai realizar no tramo SAX8020030 cara ao CT polígono Nantes nº 11 e final na cela da LMT do CR proxectado.

• Actuación 6: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 12 metros de lonxitude con orixe no empalme que se vai realizar no tramo VLG8071020 cara á derivación ao CT Dadín e final na cela da LMT do CR proxectado.

• Actuación 7: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 12 metros de lonxitude con orixe no empalme que se vai realizar no tramo VLG8071020 cara á derivación ao CT A Cancela e final na cela da LMT do CR proxectado.

Centro de reflexión con 6 celas modulares de media tensión, situado no polígono industrial de Nantes, en Sanxenxo (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente en dereito.

Pontevedra, 3 de abril de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra