Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 29 de abril de 2020 Páx. 18912

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación incial do estudo de detalle do POL-4, Santa Ana (Mera).

Expediente FG número 648.

Mediante Resolución da Alcaldía número 2020001237, do 30 de marzo de 2020, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle do POL-4, Santa Ana, Mera, promovido polo Concello (documento R.E. nº 2020003780, do 12.3.2020).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 1 de abril de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente