De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do proxecto de valorización de RCD na concesión de explotación Miramontes 6770.1, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), promovido por Áridos CNC, S.L.
Este informe de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático