Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 19059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de abril de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o proxecto de repoboación forestal do monte veciñal en man común de Tameirón (código 11320080/2020) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, no concello da Gudiña.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de repoboación forestal 11320080/2020, así como o estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común de Tameirón, no concello da Gudiña.

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Ourense (r/ Villaamil e Castro, s/n, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

Para efectos deste expediente, o órgano substantivo é o Servizo de Montes de Ourense.

Durante o prazo sinalado as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas ao Servizo de Montes de Ourense a través de calquera rexistro dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 20 de abril de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense