Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 147/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais nº 147/2019, seguido por instancia de Saioa Liberdade Tizón Jiménez contra La Toscana de El Burgo, S.L., sobre execución de sentenza do 26.9.2019, se ditaron auto en que despachaba execución e decreto de embargo, ambos os dous con data 6.3.2020, contra os cales pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a La Toscana de El Burgo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza