Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20004

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 23 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código de procedemento PE209C).

BDNS (Identif.): 505133.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súa actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2020, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 23 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código de procedemento PE209C).

Cuarto. Contía

No ano 2020 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723A.770.1, código de proxecto 201600293, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

O importe máximo das subvencións que se concedan en 2020 será de 5.000.000,00 euros e distribuiranse nas seguintes anualidades:

– Anualidade 2020: 2.500.000,00 euros.

– Anualidade 2021: 2.500.000,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Para a convocatoria de 2020 o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes.

De non esgotarse o crédito dispoñible, ou de resultar incrementado este posteriormente en virtude de renuncias, de modificación de resolucións de outorgamento ou de dotacións orzamentarias adicionais, poderase emitir unha nova proposta de resolución, na cal se terán en conta as solicitudes que formen parte da listaxe de reserva a que se refire o artigo 19.2 desta orde.

Consonte o disposto na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, quedan en suspenso os termos e prazos recollidos nesta orde. O seu cómputo proseguirá no momento en que perda vixencia o citado real decreto ou, se é o caso, as súas prórrogas.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2020

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar