Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 18 de maio de 2020 Páx. 20475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Juan XV.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión mortis causa da batea Juan XV e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O 2 de maio de 2012, María Elena Dieste Pérez, en representación da comunidade de herdeiros de José Mariño Vázquez, solicitou autorización para a transmisión das bateas C.M.C. IV e Juan XV, e tramitáronse os expedientes de transmisión mortis causa das concesións administrativas e das mencionadas bateas. En ausencia de testamento e para os efectos da identificación das persoas con dereitos hereditarios, a interesada achegou declaración de herdeiros ab intestato do causante.

Segundo. Mediante a Orde do 28 de maio de 2012 (DOG número 143, do 27 de xullo) autorizouse a transmisión mortis causa das devanditas bateas e das concesións administrativas a favor de María Elena Dieste Pérez (***2032**), María de las Mercedes Mariño Dieste (***3667**) e José Mariño Dieste (***6682**).

Terceiro. Mediante o Decreto 301/2019 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira, do 23 de setembro de 2019, relativo á liquidación da sociedade de gananciais e liquidación e división da herdanza 159/2013, acordouse adxudicar a José Mariño Dieste a batea Juan XV.

Cuarto. Na escritura pública número 2012 de protocolización de operacións particionais aprobadas xudicialmente, formalizada o 18 de novembro de 2019 ante o notario de Boiro, José Prieto Luengo outorgouse a José Mariño Dieste a titularidade da batea Juan XV.

Quinto. O 14 de xaneiro de 2020 José Mariño Dieste solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Juan XV.

Sexto. O solicitante presenta toda a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

Sétimo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Primeiro. Revogar e deixar sen efecto a Orde do 28 de maio de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Juan XV.

Segundo. Autorizar a transmisión mortis causa a favor de José Mariño Dieste (***6682**) da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Juan XV.

Localización:

Cuadrícula nº 38.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión administrativa.

Orde de outorgamento: 25.9.1966.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Antigos titulares: Mª Elena Dieste Pérez (***2032**), José Mariño Dieste (***6682**) e María de las Mercedes Mariño Dieste (***3667**).

Novo titular: José Mariño Dieste (***6682**).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e nas obrigas dos anteriores titulares.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, que comezarán a contar en ambos casos desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e, se é o caso, as súas prórrogas, contados en ambos casos desde o día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 24 de abril de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11.2019
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños