Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 19 de maio de 2020 Páx. 20562

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 90, do 11 de maio de 2020, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 19632, onde di:

«4. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Procedemento

Publicación no DOG

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A).

22.1.2020»

Debe dicir:

«4. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Procedemento

Publicación no DOG

Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR353A).

22.1.2020»

Na páxina 19645, onde di:

«2. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Procedemento

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A)».

Debe dicir:

«2. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Procedemento

Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR353A)».