Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 19 de maio de 2020 Páx. 20604

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

BDNS (Identif.): 505717.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Segundo. Obxecto

As distintas modalidades de axudas teñen como obxecto apoiar as familias con menos ingresos para dispor dos libros de texto e material escolar.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Cuarto. Importe

Fondo solidario de libros de texto: 128.000 alumnos beneficiarios, cunha dotación total de 7.350.000,00 euros para o ano 2020 e de 400.000,00 euros para o ano 2021.

Axudas de libros de texto: 33.056 alumnos beneficiarios, cunha dotación total de 6.030.000 euros para o ano 2020 e de 400.000 euros para o ano 2021. Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Material escolar: 100.000 alumnos beneficiarios, cunha dotación total de 5.100.000 euros para o ano 2020 e de 400.000,00 euros para o ano 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional