Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 19 de maio de 2020 Páx. 20709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos:

a) Título: servizo de levantamento batimétrico-xeofísico e prospeccións arqueolóxicas subacuáticas para o anteproxecto de colectores xerais e nova estación depuradora de augas residuais de Foz. Foz (Lugo).

Clave do expediente: GA.19152.

CPV (referencia de nomenclatura): 71000000-8 (Servizos de arquitectura, construción, enxeñaría e inspección).

Orzamento base: importe neto: 11.596,55 euros. Importe total: 14.031,83 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 11.570,25 euros. Importe total: 14.000,00 euros.

Empresa contratista: Ingeniería del Noroeste, S.L.

b) Título: servizo para a redacción do proxecto de colector interceptor da marxe esquerda do río Sardiña. Treito A Malata-Ponte da estrada da Malata. Ferrol (A Coruña).

Clave do expediente: GA.20015.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base: importe neto: 14.875,00 euros. Importe total: 17.998,75 euros.

Prazo de execución: 10 semanas.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.500,00 euros. Importe total: 17.545,00 euros.

Empresa contratista: Proyfe, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos». Obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga».

En concreto, a actuación referida no punto 2.a) encádrase dentro da Actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): «Medidas de reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Foz» e a referida no punto 2.b) dentro da Actuación 6.2.1.1 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): «Saneamento e depuración para o cumprimento dos obxectivos da directiva marco auga». Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Ferrol». Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia