Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 22 de maio de 2020 Páx. 20988

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020 pola que se prorroga a vixencia do encargo á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, para a execución dos traballos descritos no proxecto de derriba de dous edificios no Barrio da Residencia (Lugo).

I. Por Resolución do 2 de outubro de 2019, do presidente do Servizo Galego de Saúde (feita pública no DOG núm. 193, do 10 de outubro) encargouse á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, a execución dos traballos descritos no proxecto de derriba de dous edificios no Barrio da Residencia (Lugo).

II. De conformidade co establecido na condición básica número 6 «Duración», o encargo tiña prevista unha vixencia de tres meses contados desde a sinatura da acta de implantación, podendo ser acordadas as prórrogas do prazo de execución que sexan necesarias sempre e cando estivesen xustificadas as causas do atraso e sen que supuxese, en ningún caso, incremento do importe total do encargo.

III. A acta de implantación asinouse o 21 de xaneiro de 2020, polo que a vixencia prevista inicialmente para o encargo remataba o pasado 21 de abril de 2020.

IV. Por Resolución desta Presidencia do 17 de abril de 2020, e logo de solicitude do xerente de zona de Transformación Agraria, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsa), prorrogouse, por un período dun mes, a vixencia do encargo que rematará o vindeiro 21 de maio de 2020.

V. Por escrito do 18 de maio de 2020, o xerente de zona de Transformación Agraria, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsa) solicita unha nova prórroga dun mes, xustificando as causas do atraso en que a finais de abril, unha vez que se retiran os 4 depósitos enterrados de fuel óleo, aparecen de forma inesperada entre 800-1000 t de material contaminado non recollido no proxecto orixinal, sendo necesaria a publicación dun expediente de licitación de urxencia para o transporte e xestión das terras contaminadas que se adxudicará en breve.

Á vista destas circunstancias e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 4 do Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde

RESOLVO:

Prorrogar, por un período dun mes, a vixencia do encargo á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, para a execución dos traballos descritos no proxecto de derriba de dous edificios no Barrio da Residencia (Lugo), cuxa vixencia rematará o vindeiro 21 de xuño de 2020, mantendo inalteradas o resto das condicións previstas para o encargo na Resolución do 2 de outubro de 2019.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade
e presidente do Servizo Galego de Saúde