Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 22 de maio de 2020 Páx. 21002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Gómez II.

Visto o expediente instruído para efectos da transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da batea Gómez II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O 15 de xullo de 2019, Enrique Gómez Campaña e Manuela Leonor Figueira Novo solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Gómez II.

Segundo. Os solicitantes presentaron toda a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Xosé Anxo Gómez Figueira da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Gómez II.

Localización:

Cuadrícula nº: 23.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión administrativa.

Orde de outorgamento: 8.9.1970.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Enrique Gómez Campaña (***5606**) e Manuela Leonor Figueira Novo (***9195**).

Novo titular: Xosé Anxo Gómez Figueira (***7610**).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores titulares.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se deberá interpor no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, de ser o caso, as súas prórrogas, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 21 de abril de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11.2019
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños