Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 25 de maio de 2020 Páx. 21199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de maio de 2020 polo que se somete a información pública a modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial do Pousadoiro, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e tendo en conta o disposto na Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 27 de abril de 2020, pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma, sométese a información pública a modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial do Pousadoiro, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a documentación na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) (http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada) e presentar ante este instituto as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo