Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 28 de maio de 2020 Páx. 21623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 98/2013).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 98/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Albert Pena Louzao, contra a empresa Susana Seoane Otero, Santín Otero, S.C. e Rosa Mª Santín Gómez, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 18 de maio de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo: reaperturar a presente execución por ingresarse na conta deste xulgado a suma de 1.115,38 euros, como consecuencia do embargo trabado sobre as devolucións tributarias pendentes de aboar a Susana Seoane Otero.

Requirir a Alberto Pena Louzao co fin de que no prazo de tres días, facilite un número de IBAN, ao que transferir a cantidade obtida, téndose por reducido o principal na dita suma.

Dar traslado a Alberto Pena Louzao e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días, poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada, e en caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Os prazos comezarán a constar unha vez se alce a suspensión dos prazos procesuais pola autoridade competente.

Notifíqueselles ás partes, e a Susana Seoane Otero, por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Adminstración de xustiza»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Susana Seoane Otero, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza