Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21742

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza (DSP 746/2019).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 746/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda María Paz Quinteiro contra A Chave Servicios de Hostelería, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou auto de aclaración de Sentenza do 18.2.2020 contra o cal non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a A Chave Servicios de Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza