Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21718

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2020

Guillermo Evia Pérez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega
económica do IET

Data da sinatura

Protocolo xeral de actuacións entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do Centro Nacional de Información Xeográfica, e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para a obtención dunha cobertura de imaxes aéreas e ortofotos de 2020 de Galicia.

Intensificar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio, e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do CNIX, no marco do establecido no Real decreto 1545/2007, polo que se regula o Sistema cartográfico nacional, de xeito que se coordinen actuacións para a obtención da cobertura de voo fotogramétrico e ortofotos básicas do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

20.1.2020

Protocolo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa protección, xestión e ordenación da paisaxe.

Definir o marco xeral de colaboración entre as partes asinantes para o desenvolvemento conxunto de actividades relacionadas coa investigación e divulgación en materia de paisaxe, en especial no referente ao territorio pondaliano, dando continuidade á colaboración precedente.

Sen achega económica

1.4.2020