Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Mª del Carmen IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Mª del Carmen IV e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

A) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 28 de xuño de 2019, Mª del Carmen Zubiela Sieira solicita autorización para transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor da súa filla Mª del Carmen Caamaño Zubiela da concesión administrativa e da batea Mª del Carmen IV.

Segundo. A solicitante presenta a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedemento.

B) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Mª del Carmen Caamaño Zubiela (***5259**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mª del Carmen IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 10.

Polígono: B.

Distrito: Muros (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 10.12.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Mª del Carmen Zubiela Sieira (***6199**).

Nova titular: Mª del Carmen Caamaño Zubiela (***5259**).

A nova titular da concesión administrativa queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, de ser o caso, as súas prórrogas.

A Coruña, 11 de maio de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións (Resolución do 6.11.2019)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños