Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21696

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano
2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante
o primeiro cuadrimestre do ano 2020

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arteixo para a execución das obras do proxecto denominado Condución xeral de abastecemento ao concello de Arteixo e reforzo da subministración de auga en Morás. Treito II. Conexión Vío Alto-Morás (Arteixo)

Establecer as condicións de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Arteixo que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras recollidas no proxecto denominado Condución xeral de abastecemento ao concello de Arteixo e reforzo da subministración de auga en Morás. Treito II. Conexión Vío Alto-Morás (Arteixo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

4.100.000,00 €

3.3.2020

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Betanzos para a execución da actuación de mellora do sistema de abastecemento de Betanzos, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Incrementar o importe do convenio, regular as condicións en que as partes asumen o incremento no importe e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Supón un incremento respecto ao convenio inicial de 350.427,73 €

10.3.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arbo para o apoio técnico e financeiro na execución das actuacións necesarias para reparar a estación depuradora de augas residuais de Sande e dos seus colectores. Concello de Arbo

Establecer as condicións para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Arbo que permitan acometer por parte do Concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para reparar a estación depuradora de augas residuais de Sande e dos seus colectores, a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

28.023,60 €

1.4.2020

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Pontedeume para a execución de actuacións de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fase I. Concello de Pontedeume (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

24.4.2020

Cuarta addenda ao acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade, a través do Laboratorio de Saúde Pública, para o control da calidade das augas subterráneas dentro do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa

Prorrogar a vixencia do acordo de colaboración por un prazo de seis (6) meses

95.142,24 €

24.4.2020