Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 2 de xuño de 2020 Páx. 22053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2020 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre viveiros de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre viveiros, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 24 de febreiro de 2020, Bernardo Álvarez Portela (***9687**) e Cristina Rodríguez Martínez (***1118**) solicitaron permiso para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas Otero I e Crende I.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente constan os informes técnicos dos viveiros.

b) Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segundo. O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG número 83).

Vistos os antecedentes citados, e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería resolve outorgarlles a Bernardo Álvarez Portela (***9687**) e Cristina Rodríguez Martínez (***1118**) autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: Otero I.

Especies: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 15.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Titular: Bernardo Álvarez Portela (***9687**).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Subtipo: batea.

Nome: Crende I.

Especies: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 4.

Polígono: C.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Titular: Cristina Rodríguez Martínez (***1118**).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícase a localización dos títulos habilitantes, que queda como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Otero I.

Localización:

Cuadrícula nº: 4

Polígono: C.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Subtipo: batea.

Nome: Crende I.

Localización:

Cuadrícula nº: 15.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Segunda. As bateas afectadas deberanse adaptar ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución. Unha vez rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e, de ser o caso, as súas prórrogas posteriores.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, ante a conselleira do Mar, no prazo dun (1) mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os casos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 10/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e, de ser o caso, as súas prórrogas posteriores.

Vigo, 13 de maio de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo