Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 2 de xuño de 2020 Páx. 22035

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (9/2018).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Consorcio de Compensación de Seguros fronte a Escarlata González Acea, ditouse a sentenza número 177/2019 cuxo teor literal é o seguinte:

«Que estimo a demanda interposta polo Consorcio de Compensación de Seguros contra Escarlata González Acea e condeno a Escarlata González Acea a que lle aboe ao Consorcio de Compensación de Seguros a cantidade de 6.666,46 euros, incrementada cos correspondentes xuros legais, desde o 26 de decembro de 2017 ata a data desta resolución e, desde esta, os xuros sinalados no artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Impóñense as custas do proceso a Escarlata González Acea.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado».

Ao encontrarse a dita demandada, Escarlata González Acea, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 12 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza