Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 4 de xuño de 2020 Páx. 22423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se establece a nova data para a apertura da oferta económica do concurso público para a concertación do alugamento dun inmoble con destino a dependencias do Distrito Forestal XII-Miño-A Arnoia, da Consellería do Medio Rural.

O DOG nº 39, do 27 de febreiro de 2020, publicou a Resolución do 11 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se anuncia o procedemento de concurso público para a concertación do alugamento dun inmoble con destino a dependencias do Distrito Forestal XII-Miño-A Arnoia da Consellería do Medio Rural.

O anuncio establecía o 27 de marzo de 2020 como data límite para a presentación de documentación e o 29 de abril de 2020, ás 10.00 horas, como data e hora para a apertura das ofertas. Por mor da disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE nº 67, do 14 de marzo), suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.

A Resolución do 20 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo (BOE nº 145, do 23 de maio), acorda no seu punto décimo, con efectos do 1 de xuño de 2020, a derrogación da disposición relativa á suspensión dos prazos administrativos e indica que o cómputo dos prazos se reiniciará desde esa data.

En consecuencia, reiníciase o cómputo dos prazos para o concurso público para a concertación do alugamento dun inmoble con destino a dependencias do Distrito Forestal XII-Miño-A Arnoia, polo que o último día para a presentación de ofertas será o 15.6.2020 e a súa apertura producirase o 2 de xullo de 2020, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do edificio administrativo da rúa Pastoriza 8 de Santiago de Compostela. As persoas interesadas en acudir a este acto deberán concertar cita previa no teléfono 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda