Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 4 de xuño de 2020 Páx. 22318

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21.

De acordo co disposto no artigo 148.1.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de caza.

O 8 de xaneiro de 2014 publicouse a Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Esta lei establece no seu artigo 54 que, anualmente, unha resolución da persoa titular da dirección xeral competente en materia de caza determinará as épocas hábiles de caza e as medidas de control por danos, así como os réximes especiais por especies.

As poboacións de xabaril veñen experimentando nos últimos anos un incremento no conxunto do territorio de Galicia, que obedece aos cambios de uso no medio e ás características ecolóxicas da especie. O incremento de poboación de xabarís pode ser un elemento perturbador importante de certas comunidades de flora e fauna dos ecosistemas que ocupa, aspecto que resulta preciso prever e evitar, na medida do posible, antes de que se produza.

Por outra banda, tense constatado que a especie provoca múltiples danos na agricultura e numerosos accidentes de tráfico, e resulta un problema adicional a presenza cada vez máis habitual de xabarís nas zonas periurbanas.

Así mesmo, unha elevada poboación de xabarís favorecería o risco de dispersión de certas enfermidades, como a peste porcina africana, dificultando a súa erradicación nun momento dado, de ser necesaria.

No marco desta problemática, adoptáronse medidas de carácter excepcional por danos en determinados concellos das catro provincias galegas, co fin de minorar na medida do posible os efectos desta especie sobre os ecosistemas, as producións agrarias e o propio medio urbano.

Como resultado do réxime de regulación da actividade cinexética sobre o xabaril en tempadas precedentes, e a pesar das medidas implantadas, constatouse un incremento dos danos producidos á agricultura na maioría das comarcas de Galicia, de xeito que existe un claro incremento porcentual global do número de avisos de xabaril como consecuencia deles.

A Administración autonómica ten coñecemento da existencia de danos nos cultivos agrícolas en practicamente todos os concellos de Galicia, dado que existe un procedemento de recepción de avisos por danos aos cultivos agrícolas por parte dos agricultores afectados, a través dun sistema de recepción destes avisos mediante chamada telefónica ao 012, de forma que se ten constancia pormenorizada deles.

Estes avisos de danos son comprobados sistematicamente polos axentes ambientais dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que realizan unha inspección de campo para a súa comprobación, valorando os cultivos afectados e a extensión superficial do dano.

Esta circunstancia posibilita que se dispoña de información minuciosa sobre a materia e que se poidan realizar as valoracións oportunas para adoptar medidas tendentes a previr e paliar os danos aos cultivos, así como compensar economicamente, mediante unha liña de axudas establecida para o efecto, os danos ocasionados por esta especie.

Para isto, e dado o carácter ubicuo e a gran capacidade de desprazamento do xabaril, é preciso ampliar a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a adopción de medidas tendentes ao seu control para reducir e previr estes danos e intentar frear a súa expansión, polo que cómpre eximir todo o ámbito territorial galego da necesidade de comprobación previa destes danos para a autorización de medidas de control, co fin de axilizar a súa realización.

Na situación actual, dadas as especiais circunstancias que as poboacións de xabarís están ocasionando pola súa incidencia sobre a agricultura e os accidentes de tráfico, a prevención das posibles afeccións sobre certas comunidades de flora e fauna dos ecosistemas que ocupa, o problema engadido pola presenza cada vez máis habitual desta especie nas zonas periurbanas e os posibles riscos sanitarios asociados a enfermidades que poden ser diseminadas a través dela, considérase prioritario incidir na adopción de medidas que permitan axilizar os mecanismos instaurados para o seu control, conducentes a reducir as densidades e poboacións desta especie, sen que sexa preciso a comprobación previa dos danos para autorizar de medidas de control, sen prexuízo das comprobacións que se poidan efectuar sobre elas.

O Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, atribúelle a esta consellería a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos e, no seu artigo 11, concreta que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural é o organismo que exercerá as competencias e funcións atribuídas en materia da ordenación, conservación, protección, fomento e o aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos.

Así mesmo, ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o Goberno de España declarou, mediante Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional. Esta situación prorrogouse mediante o Real decreto 476/2020, do 27 de marzo; polo Real decreto 487/2020, do 10 de abril, ata o 26 de abril de 2020; mediante o Real decreto 492/2020, do 24 de abril; e polo Decreto 514/2020, do 8 de maio.

A disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, na súa redacción dada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, refírese á suspensión de prazos administrativos, e sinala a suspensión de termos e prazos para tramitar os expedientes de todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Porén, a propia disposición prevé que as entidades do sector público acorden, motivadamente, a continuación daqueles procedementos administrativos referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

No uso das funcións conferidas polo disposto no artigo 54 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, cómpre que a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural deixe sen efecto a suspensión dos prazos administrativos dos procedementos administrativos nos casos sinalados no antedita lei, decidindo así motivadamente sobre a continuación ou inicio dos procedementos administrativos referidos aos feitos xustificativos do estado de alarma e daqueles que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos, supostos todos eles en que non será necesario obter a conformidade das persoas interesadas.

Feita esta apreciación, cómpre determinar no ámbito da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, aqueles procedementos cuxa tramitación se deba iniciar ou continuar por concorreren as circunstancias previstas no número 4 do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Con base no exposto, oído o Comité Galego de Caza na súa reunión ordinaria do 15 de abril de 2020, en uso das funcións conferidas polo disposto no artigo 54 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Normas de carácter xeral

Artigo 1. Obxecto

1. Regular os períodos hábiles de caza, as especies sobre as cales se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2020/21, que abrangue o período comprendido entre o 1 de agosto de 2020 e o 31 de xullo do ano 2021.

2. Establécense nesta resolución os seguintes procedementos:

– Solicitude de aprobación do Plan anual de aproveitamento cinexético (procedemento MT720A).

– Solicitude de aprobación da renovación do Plan de ordenación cinexética (procedemento MT720B).

– Comunicación previa de cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo (procedemento MT720C).

– Comunicación de resultados cinexéticos das cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo (procedemento MT720D).

– Solicitude de autorización para realizar o adestramento de cans atrelados en zonas libres de caza (procedemento MT720E).

– Solicitude de autorización para realizar xestión cinexética en vedados por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais (código de procedemento administrativo MT720F).

– Solicitude de autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza (procedemento MT720G).

– Solicitude de autorización para realizar o adestramento de cans de rastro e mostra e/ou aves de cetraría con fins de competición (procedemento MT720H).

– Solicitude de autorización para realizar competicións de caza (procedemento MT720I).

– Solicitude de autorización para realizar batidas, montarías ou esperas en zonas libres de caza (procedemento MT720J).

– Solicitude de autorización para realizar batidas ou montarías por danos ocasionados polas especies cinexéticas (procedemento MT720K).

– Solicitude de autorización para realizar esperas e axexos por danos ocasionados polas especies cinexéticas (procedemento MT720L).

– Solicitude de autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural (procedemento MT720M).

– Solicitude de autorización para cazar na modalidade de cetraría durante todo o ano, excepto nos meses de abril, maio e xuño, en zonas libres de caza (procedemento MT720N).

– Solicitude de autorización para a caza do paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia turtur), nos tecores da antiga lagoa de Antela (código de procedemento administrativo MT720O).

– Solicitude xenérica en materia de caza (procedemento MT720P).

Artigo 2. Período hábil para a caza

O período hábil xeral para exercer a caza na Comunidade Autónoma de Galicia será o comprendido entre os días 18 de outubro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021, ambos inclusive, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V desta resolución. Os días da semana en que se permitirá o seu exercicio dependerán das modalidades de caza, maior ou menor, de que se trate e veñen detallados nos títulos II e III desta resolución, así como nas limitacións sinaladas no título V desta resolución.

Nas zonas de caza permanente reflectidas nos plans de ordenación cinexética do correspondente tecor autorízase a caza sementada de paspallás, perdiz, coello bravo, faisán, lavanco real e pomba brava, coas limitacións temporais establecidas no punto 1 do artigo 45 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

Artigo 3. Venda, transporte e comercio das pezas de caza

1. Só poderán ser obxecto de venda, transporte ou comercio as especies silvestres cazables que se relacionan no anexo II desta resolución e unicamente durante o período hábil de caza para cada especie. O tráfico ou comercio de especies de protección temporal nas provincias onde a súa captura estivese prohibida precisará dunha guía expedida polo organismo competente que xustifique a súa procedencia.

2. Os exemplares de especies cinexéticas, procedentes de explotacións industriais, así como os seus ovos cando se trate de aves, poderanse comercializar en calquera época do ano, logo da acreditación suficiente da súa orixe e do cumprimento dos requisitos fixados no artigo 2 do Real decreto 1118/1989, do 15 de setembro, e demais normativa de ámbito sanitario, en especial a Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, e o Real decreto 1082/2009, do 3 de xullo, polo que se establecen os requisitos de sanidade animal, para o movemento de animais de explotacións cinexéticas, de acuicultura continental e de núcleos zoolóxicos, así como animais da fauna silvestre. O transporte dos animais realizarase, en todo caso, consonte o establecido na normativa relativa á protección destes durante o seu transporte.

Artigo 4. Repoboación e solta de especies cinexéticas

As soltas de exemplares de especies cinexéticas exixirán a autorización previa da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza, ao abeiro do establecido no artigo 53 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Na solicitude de autorización deberán constar as especies, o número, a procedencia e a referencia ao estado sanitario dos exemplares que se propón adquirir, así como unha declaración da persoa interesada da adecuación da solicitude ás previsións do plan anual de aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde vaian ser liberados os animais.

A liberación de presas de escape para o adestramento das aves de cetraría non terá a consideración de repoboación cinexética.

Artigo 5. Adestramento de cans e aves de cetraría

1. Nos terreos de réxime cinexético común autorízase o adestramento de cans e aves de cetraría, sen petición previa, desde o 1 de setembro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

En terreos de réxime cinexético especial, agás na superficie vedada dos tecores, autorízase o adestramento de cans e aves de cetraría, sen petición previa, desde o 1 de setembro de 2020 ata o 17 de outubro de 2020, os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, e desde o 18 de outubro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

Nos terreos de réxime cinexético especial que teñan autorizada a prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro de 2021 ata o 14 de marzo de 2021, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

En todo caso, o adestramento realizarase sen armas nin calquera outro medio de caza, evitando que se produza a captura da peza e respectando a época de maior sensibilidade na cría das especies, segundo o establecido no artigo 44.4 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. O número máximo de cans por cazador/a será de catro, e de 12 por grupo constituído por un máximo de seis persoas cazadoras, sexa cal sexa o tipo de réxime do terreo cinexético en que se realice o adestramento, excepto nas zonas de adestramento para cans, que teñen a súa propia normativa.

2. Autorízase o adestramento de cans e aves de cetraría en terreos de réxime cinexético especial, nas zonas destinadas a ese fin, sen petición previa, ao longo de todo o ano, agás nos meses de maior sensibilidade para a cría das especies presentes na zona, cun mínimo de dous meses consecutivos de suspensión, escollidos nun único período entre abril e xullo, que serán propostos polo/a titular do terreo cinexético no plan anual de aproveitamento cinexético; na súa falta, enténdese que se corresponden cos meses de maio e xuño.

3. Autorízase o adestramento na modalidade de cans atrelados en terreos de réxime cinexético especial, en toda a superficie e ao longo de todo o ano, agás nas épocas sensibles de cría, e esta época determínase conforme o exposto no parágrafo anterior e coas seguintes condicións:

a) Ter o can atrelado e controlado en todo momento.

b) Non molestar en ningún caso as especies cinexéticas.

c) Non achegarse ao cocho da peza.

d) Un máximo de dous cans por persoa cazadora.

e) Coa autorización da persoa titular do tecor ou explotación cinexética.

Coas mesmas limitacións, a persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza poderá autorizar o adestramento de cans atrelados nos terreos de aproveitamento cinexético común (código de procedemento administrativo MT720E).

4. O adestramento de cans e aves de cetraría en terreos queimados por incendio está prohibido durante un período que vai desde a data en que se produza o incendio ata o 31 de decembro posterior á data en que se cumpran tres anos deste, agás autorización expresa do órgano competente en materia cinexética, logo do informe favorable da consellería competente en materia forestal.

5. O adestramento de aves de cetraría en terreos de réxime cinexético común axustarase aos mesmos requirimentos e condicións que o adestramento de cans.

6. As persoas titulares de terreos de réxime cinexético especial extremarán as precaucións e adoptarán as medidas de seguridade precisas para evitar accidentes, ou calquera interferencia, durante a realización de batidas ou montarías no período que coincida co permitido para o adestramento de cans e aves de cetraría, e non poderán realizar o adestramento na mesma mancha onde se realiza a batida ou a montaría.

7. Con fins de competición, logo do informe da Federación Galega de Caza, as persoas titulares do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza poderán autorizar o adestramento de cans de rastro e mostra e das aves de cetraría con caza sementada en calquera época do ano (código de procedemento administrativo MT720H).

Artigo 6. Competicións de caza

A Federación Galega de Caza ou as sociedades de caza, logo da súa autorización, poderán realizar competicións de caza en terreos de réxime cinexético especial os xoves, sábados, domingos e festivos (código de procedemento administrativo MT720I). Nas competicións poderanse abater pezas de caza silvestres cando se realicen durante o seu período hábil de caza, e ao longo de todo o ano, se se realizan con caza sementada ou sen morte da caza.

A Federación Galega de Caza ou as sociedades de caza deberán informar por escrito do número de participantes e dos resultados destas competicións ao Servizo Provincial de Patrimonio Natural correspondente, nun prazo máximo de 10 días seguintes aos da súa realización.

As persoas titulares do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda autorizarán as competicións deportivas que afecten unha soa provincia e a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural autorizará cando afecten máis dunha provincia.

TÍTULO II

Caza menor

Artigo 7. Días hábiles

Considéranse días hábiles de caza os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico, coas excepcións que se recollen nesta resolución.

Artigo 8. Limitacións de carácter xeral

1. Nas zonas libres en que, en virtude do establecido no artigo 9, punto 4, da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie continua igual ou superior ás 500 ha, a cota máxima por persoa cazadora e día será unha perdiz rubia e un coello.

2. Nos terreos de réxime cinexético especial, as cotas serán as que se establezan nos correspondentes plans anuais de aproveitamento cinexético aprobados.

Artigo 9. Métodos e modalidades de caza

1. Na práctica da caza menor nos terreos de aproveitamento cinexético común non se poderá cazar en grupos maiores de seis persoas cazadoras, nin cazar coordinadamente máis dun grupo. Cada persoa cazadora poderá utilizar ata un máximo de catro cans. O número máximo de cans por grupo será de 12.

2. A práctica da cetraría e caza con arco, tanto en terreos de réxime cinexético común como especial, poderase realizar nas mesmas condicións que as que se sinalan para a caza con outros métodos de caza.

Autorízase a caza da gaivota chorona común (Larus ridibundus), gaivota patiamarela (Larus michahellis), estorniño común (Sturnus vulgaris), pega rabilonga (Pica pica) e corvo (Corvus corone), mediante a modalidade de cetraría, tanto en terreos de réxime cinexético común como especial, durante todo o ano, agás nos meses de abril, maio e xuño. Nos terreos de réxime cinexético especial, con autorización da persoa titular do aproveitamento e nas zonas libres de caza, con autorización da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza (código de procedemento administrativo MT720N).

TÍTULO III

Caza maior

Artigo 10. Días hábiles

Considéranse días hábiles de caza, con carácter xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, coas excepcións que se recollen nesta resolución.

Artigo 11. Métodos e modalidades de caza

1. A celebración de montarías ou batidas, en terreos de réxime cinexético especial, requirirá a notificación previa ao Servizo Provincial de Patrimonio Natural correspondente, que deberá ser efectuada cunha antelación mínima de 10 días (código de procedemento administrativo MT720C). Tamén se poderá comunicar mediante un calendario que abranga toda a tempada. Tanto a solicitude como a súa celebración deberanse axustar ao disposto na Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, así como na regulamentación vixente.

2. Nos terreos de réxime cinexético común en que, en virtude do establecido no artigo 9.4 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie continua igual ou superior a 500 ha, a caza maior no período hábil xeral só se poderá exercer os sábados e nas modalidades de batida, montaría, axexo e espera, cos requisitos que se dispoñen na Lei 13/2013, do 23 decembro, de caza de Galicia, e na regulamentación vixente, coa autorización previa do Servizo Provincial de Patrimonio Natural correspondente.

3. A solicitude e a realización das batidas, montarías, axexos e esperas, así como as medidas precautorias, normas de seguridade e responsabilidade, estarán suxeitas aos requisitos que prevé a Lei 13/2013, do 23 decembro, de caza de Galicia, e a regulamentación vixente. Se por calquera circunstancia algunha das batidas, montarías, axexos ou esperas autorizados non se pode efectuar no lugar e data fixados, en ningún caso se poderá trasladar a súa celebración a outra data ou lugar.

4. Nos terreos de réxime cinexético común, as solicitudes de batidas e montarías deben ir acompañadas da relación de persoas cazadoras que participarán nestas cazarías colectivas.

5. Nas batidas e montarías, a persoa responsable deberá levar no seu poder, en todo momento, a autorización correspondente. A relación completa de participantes, encabezada pola persoa responsable da cazaría, cos respectivos nomes e números do DNI/NIF, deberá estar confeccionada no momento da colocación das persoas cazadoras nos postos.

6. Nos terreos de réxime cinexético especial, cando se celebre unha batida, montaría, espera ou axexo sobre especies de caza maior, poderase disparar a todas as pezas de caza maior que estean en período e día hábil de caza e que estean recollidas no plan de ordenación cinexética e no plan anual de aproveitamento cinexético, e sempre que non se teña cuberta a cota de capturas. Coas mesmas premisas e sempre que se fixese constar na solicitude, poderáselle disparar ao raposo, no seu período hábil, utilizando armas e municións propias da caza maior.

Artigo 12. Pezas de caza

1. Nos plans anuais de aproveitamento cinexético dos terreos de réxime cinexético especial e nas autorizacións concedidas para o exercicio da caza maior nos terreos de réxime cinexético común especificaranse as pezas de caza por especie, sexos e idades sobre as cales se poderá exercer a caza.

2. En todo caso, nunca se poderán incluír como pezas de caza:

a) As crías e as femias de especies de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías.

b) Os machos inmaduros das especies corzo, cervo e gamo.

c) Os machos adultos que efectuasen a esmouca antes do peche do seu período hábil de caza.

Todos os animais de caza maior que sexan abatidos deberán ser identificados mediante un precinto que facilitará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, logo do pagamento da correspondente taxa, e que deberá colocarse na peza de caza antes de ser transportada fóra do terreo en que se realizou a cazaría, de xeito que non se poida quitar sen alteralo ou destruílo.

As matrices dos precintos utilizados ou a súa imaxe, xunto cos resultados da actividade cinexética sobre pezas de caza maior, así como as listas de participantes en batidas e montarías, deberá achegalos a persoa solicitante aos servizos provinciais de Patrimonio Natural no prazo máximo de quince días naturais desde a data da realización da cazaría (código de procedemento administrativo MT720D).

Para o transporte das partes das pezas de caza maior abatidas, a persoa responsable da cazaría emitirá unha declaración que acredite a súa procedencia, de acordo co modelo incluído no anexo V desta resolución.

TÍTULO IV

Medidas de control por danos

Artigo 13. Danos producidos pola caza

1. Co fin de reducir os danos que se poidan producir na agricultura, na gandaría, na silvicultura, na circulación viaria, na flora e na fauna silvestres, as persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderán acordar medidas de control. Estas medidas adoptaranse logo de que as persoas que teñan a condición de axentes de Conservación da Natureza, seguindo directrices expresamente establecidas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, comproben os danos existentes.

2. As principais medidas de control fronte aos danos por especies que se poderán adoptar son as seguintes:

a) Lobo (Canis lupus): por danos constatados desta especie, poderanse autorizar esperas, batidas e montarías durante todo o ano, salvo nos meses de abril, maio e xuño, en que unicamente se poderán autorizar esperas (códigos de procedementos administrativos MT720K e MT720L). A existencia de danos deberá ser comunicada ao Servizo Provincial de Patrimonio Natural co fin de proceder á súa comprobación, como requisito previo á autorización da práctica cinexética sobre esta especie. As persoas solicitantes de cada batida, montaría ou espera autorizadas deberán informar dos seus resultados, por escrito, ao Servizo Provincial de Patrimonio Natural correspondente nun prazo máximo de cinco días hábiles seguintes ao da súa realización (código de procedemento administrativo MT720D). O incumprimento deste requisito poderá supor a denegación doutras solicitudes e a anulación automática das xa autorizadas. En todo caso, observarase o disposto no plan de xestión desta especie, aprobado polo Decreto 297/2008, do 30 de decembro.

As solicitudes de autorización de medidas de control nos terreos incluídos nas zonas de xestión 1 e 2 do Decreto 297/2008, do 30 de decembro, serán resoltas pola persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural resolver as solicitudes de autorización de medidas de control nos terreos incluídos na zona de xestión 3 do Decreto 297/2008, do 30 de decembro.

b) Xabaril (Sus scrofa):

Co fin de reducir os danos producidos por esta especie, as persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderán autorizar a realización de batidas, montarías, esperas e axexos (códigos de procedementos administrativos MT720K e MT720L). As solicitudes deberanse presentar a partir da detección dos danos, de modo que permita a súa comprobación por parte do servizo provincial correspondente. As persoas titulares dun tecor tamén poderán solicitar a adopción destas medidas de control nas zonas de adestramento para cans e aves de cetraría e zonas de vedado que teñan autorizadas. As persoas solicitantes das batidas, montarías, esperas ou axexos autorizados deberán informar por escrito dos seus resultados ao Servizo Provincial de Patrimonio Natural correspondente, nun prazo máximo dos 10 días seguintes á súa realización (código de procedemento administrativo MT720D). O incumprimento deste requisito poderá supor a non autorización de máis batidas, montarías, esperas ou axexos e a anulación automática dos xa autorizados.

As autorizacións de caza por danos realizaranse de maneira inmediata, sen que sexa preceptiva a súa comprobación, sen prexuízo das comprobacións que poidan efectuar os servizos de Patrimonio Natural.

Por petición da persoa titular do tecor, os exemplares capturados nas actuacións cinexéticas autorizadas por danos non serán tidas en conta no cómputo da cota anual de capturas.

c) Corzo (Capreolus capreolus) e cervo (Cervus elaphus): co fin de reducir os danos producidos por estas especies, poderase proceder de igual forma que no indicado na letra b) anterior para o xabaril. No caso das femias, unicamente se permite a caza de femias adultas en descaste na modalidade de axexo.

d) Raposo (Vulpes vulpes): co fin de reducir os danos producidos por esta especie, poderase proceder de igual forma que no indicado para o caso do corzo e o cervo.

3. Para os danos producidos polas especies indicadas nas letras a), b), c) e d) do punto anterior, en terreos cinexéticos de réxime especial as solicitudes formularaas a persoa titular do dereito de aproveitamento. En terreos de aproveitamento cinexético común as solicitudes formularaas a persoa ou persoas prexudicadas polos danos detectados e, cando os danos sexan xeneralizados, as persoas titulares do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza, por petición motivada dos concellos afectados e logo do informe técnico do Servizo Provincial de Patrimonio Natural, poderán autorizar a caza mediante as modalidades e medios que consideren máis adecuados, establecendo as condicións particulares para levar a cabo a cazaría. As persoas participantes nestas cazarías serán determinadas polos concellos mediante un sorteo público entre as persoas cazadoras que o soliciten, e darase prioridade ás persoas propietarias dos bens afectados.

No caso do lobo (Canis lupus) observarase, en todo caso, o establecido no plan de xestión aprobado para esta especie.

4. A persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural poderá establecer, mediante unha resolución motivada, limitacións temporais á adopción destas medidas de control co fin de evitar alteracións nas poboacións de fauna silvestre e non interferir na súa cría e reprodución. Os servizos provinciais de Patrimonio Natural, neses casos, prestarán asesoramento técnico ás persoas afectadas polos danos para a adopción de medidas alternativas de prevención e protección para as persoas ou na agricultura, na gandaría, nos montes ou na flora e fauna silvestres.

5. A carne das pezas de caza reguladas no punto 2 deste artigo que se abatan como consecuencia da adopción de medidas de control poderá ser obxecto de venda ou comercio.

6. As pezas de caza maior que se abatan como consecuencia da adopción de medidas de control deberán ser identificadas mediante precintos que serán facilitados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de balde e deberanse colocar nas pezas de caza antes de seren transportadas fóra do terreo en que se realizou a cazaría, de xeito que non se poidan quitar sen alteralos ou destruílos. As matrices dos precintos utilizados, así como os que non sexan empregados, achegaranse ao correspondente Servizo Provincial de Patrimonio Natural, xunto cos resultados das cazarías (códigos de procedementos administrativos MT720K e MT720L).

Artigo 14. Aves prexudiciais para a agricultura e a caza

En virtude do disposto no artigo 58 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, poderán quedar sen efecto as prohibicións contidas no capítulo I do título III da dita lei, e permitirase a caza e captura de aves silvestres que poidan ocasionar danos aos cultivos agrícolas e á fauna. As persoas interesadas deberán formular unha solicitude dirixida á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural (código de procedemento administrativo MT720G), na cal se fará constar:

a) Especie que se pretende cazar ou capturar.

b) Os prexuízos causados ou os riscos que se poidan producir, así como a súa magnitude.

c) As técnicas disuasorias probadas sen éxito.

d) Expresión do método, o tempo e o lugar onde se pretende cazar as aves prexudiciais.

Será preceptivo o informe do Servizo Provincial de Patrimonio Natural correspondente sobre os danos existentes, no cal se indicará se os danos foron causados ou non polas especies citadas. Se non é posible establecer razoablemente a orixe dos danos, denegarase a solicitude.

TÍTULO V

Réximes especiais por especies

Artigo 15. Réximes especiais propostos polas persoas titulares

Serán de obrigado cumprimento as ordenacións específicas nos terreos de réxime cinexético especial aprobadas polas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, propostas polas persoas titulares destes terreos, nas cales se establezan vedas e peches anticipados dos distintos períodos hábiles.

Artigo 16. Réximes especiais por especies aprobados despois de oídos os comités provinciais de caza e o Comité Galego de Caza

1. Caza menor:

a) Arcea (Scolopax rusticola): en terreos cinexéticos de réxime especial e logo da súa solicitude, poderase prolongar o período hábil de caza para esta especie ata o día 14 de febreiro de 2021. Establécese para esta especie unha cota de captura de 3 exemplares por persoa cazadora e día, e prohíbese a súa caza mediante a modalidade de ao paso en posto fixo ou espera.

b) Becacina cabra (Gallinago gallinago): excepto nos concellos que se relacionan no anexo IV desta resolución, nos cales a súa caza está prohibida, esta especie pódese cazar no período hábil de caza menor, e poderase prorrogar o seu período hábil en terreos cinexéticos de réxime especial e logo da súa solicitude ata o día 14 de febreiro de 2021. Establécese para esta especie unha cota de captura de 3 exemplares por persoa cazadora e día.

c) Lebre (Lepus granatensis): unicamente se autoriza a súa caza no período hábil comprendido entre o 18 de outubro e o 29 de novembro de 2020, e en terreos de réxime cinexético especial.

d) Raposo (Vulpes vulpes): no período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor e en batida. Poderanse autorizar batidas para a caza do raposo desde o 1 de setembro ata o 17 de outubro de 2020, e desde o 7 de xaneiro ata o 14 de febreiro do 2021, os xoves, sábados, domingos e festivos, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Co fin de apoiar a consecución da finalidade perseguida polas actuacións de xestión, as persoas titulares do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza, cando se planificasen e executasen actuacións de mellora sobre aquelas poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente polo raposo, poderán autorizar:

• No período hábil de caza menor (do 18.10.2020 ata o 6.1.2021), batidas e esperas ao raposo os sábados, en toda a superficie dos tecores (incluídos vedados e zonas de adestramento de cans e aves de cetraría) e explotacións cinexéticas comerciais.

• Fóra do período hábil de caza menor (do 1.9.2020 ata o 17.10.2020 e desde o 7.1.2021 ata o 14.2.2021), batidas e esperas ao raposo os xoves, sábados, domingos e festivos nas zonas de vedado e zonas de adestramento de cans e aves de cetraría que teñen aprobadas os tecores.

Para autorizar estas batidas e esperas de xestión, debe solicitalas previamente a persoa titular do aproveitamento cinexético, mediante un calendario específico dentro do plan anual de aproveitamento cinexético en que se fixen as xornadas de caza nas cales se realizaran as batidas e esperas, quedando xustificada a súa necesidade ao facer referencia ás actuacións de mellora sobre as poboacións cinexéticas reflectidas no plan anual de aproveitamento cinexético.

e) Paspallás (Coturnix coturnix): esta especie pódese cazar no período hábil de caza menor.

Nos tecores da antiga lagoa de Antela, nos concellos que se relacionan no anexo III desta resolución, poderase autorizar ademais a súa caza entre o 15 de agosto e o 6 de setembro de 2020 os sábados e domingos, nas modalidades denominadas en man e ao salto, cun máximo de 15 escopetas por xornada e cuartel de caza e un máximo de 4 escopetas por cuadrilla. Require autorización expresa da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense, que poderá recoller medidas especiais para garantir o cumprimento destas condicións, e será preceptiva a presentación dun plan técnico de caza que ten que incluír un censo da especie, un cálculo do número de capturas totais e a súa repartición por xornadas de caza, cun máximo de 10 pezas por persoa cazadora e día. Os cuarteis de caza autorizados contarán cunha superficie máxima de 1.000 ha e o seu número virá dado en función da superficie útil para a especie, de acordo co seguinte:

• Número de cuarteis autorizados:

2.000 ha<superficie útil para a especie<5.000 ha: 1.

5.000 ha<superficie útil para a especie<10.000 ha: 2.

Superficie útil para a especie>10.000 ha: 3.

Só se poderá autorizar a caza desta especie nos terreos dos cuarteis en que realizasen a colleita na súa maior parte, e prohibirase a caza naquelas superficies non recollidas.

Atendendo á época da recollida da colleita, diferéncianse dúas zonas:

– Zona 1: cuarteis localizados ao leste do río Faramontaos, entre as localidades de Xinzo de Limia e Faramontaos e a estrada que discorre entre as localidades de Xinzo de Limia, Trandeiras, Cortegada, Codosedo e Vilar de Barrio.

– Zona 2: cuarteis localizados ao oeste do río Faramontaos, entre as localidades de Xinzo de Limia e Faramontaos e a estrada que discorre entre as localidades de Xinzo de Limia, Trandeiras, Cortegada, Codosedo e Vilar de Barrio.

A persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Ourense poderá adiantar ou atrasar o período ata un máximo de tres semanas en cada unha das zonas. Unha vez aberto o período de caza, este non superará as catro fins de semana consecutivas en cada unha das zonas. Ademais, a diferenza temporal de apertura da caza entre as distintas zonas non poderá superar as dúas semanas. Se os atrasos fosen maiores, ou os censos efectuados así o aconsellen, a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural poderá modificar as cotas e os períodos autorizados e incluso anular o período. Os tecores autorizados para a caza do paspallás deben estar dotados de vixilancia.

f) Pombo torcaz (Columba palumbus): esta especie pódese cazar no período hábil de caza menor.

Nos tecores da antiga lagoa de Antela, nos concellos que se relacionan no anexo III desta resolución, poderase autorizar a súa caza xunto co paspallás nas mesmas condicións que as reflectidas na letra e), e fixarase unha cota máxima de captura para esta especie e neste período de caza de 5 exemplares por persoa cazadora e xornada.

g) Rula común (Streptopelia turtur): unicamente nos tecores da antiga lagoa de Antela, nos concellos que se relacionan no anexo III desta resolución, se poderá autorizar a súa caza durante 4 xornadas xunto co paspallás e nas mesmas condicións que as reflectidas na letra e). Estas xornadas coincidirán na 3ª e 4ª semana desde a apertura da 1ª zona das reflectidas na letra e), serán en todo caso posteriores ao 22 de agosto de 2020 e deberán coincidir nos cuarteis zonas 1 e 2, en horario despois do orto ata as 11.00 horas e desde as 17.00 horas ata o ocaso. Fíxase unha cota máxima de captura para esta especie e neste período de caza de 5 exemplares por persoa cazadora e xornada.

h) Tordo real (Turdus pilaris), tordo galego (Turdus philomelos), tordo malvís (Turdus iliacus) e tordo charlo (Turdus viscivorus): prolóngase o período hábil de caza para estas especies ata o día 31 de xaneiro de 2021, na superficie dos tecores incluída nos concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, O Rosal e Tui, provincia de Pontevedra.

i) Charrela (Perdix perdix), avefría (Vanellus vanellus), pato cullerete (Anas clypeata), rula turca (Streptopelia decaocto), gaivota escura (Larus fuscus), gaivota arxéntea (Larus argentatus), pomba brava1 (Columba livia), pomba zura (Columba oenas) e gralla cereixeira (Corvus monedula): queda prohibida a súa caza.

(1) Excepto exemplares utilizados como presas de escape no ámbito da cetraría.

2. Caza maior:

a) Corzo (Capreolus capreolus): nos terreos baixo réxime cinexético común, con autorización do Servizo Provincial de Patrimonio Natural correspondente, permítese a caza de machos adultos desde o 22 de agosto ata o 17 de outubro de 2020, nas modalidades de batida, montaría e axexo, os sábados, agás os axexos, que poderán ser todos os días.

Nos terreos baixo réxime cinexético especial, poderanse cazar os machos adultos de corzo desde o 22 de agosto ata o 17 de outubro de 2020, nas modalidades de batida e montaría, os sábados, domingos e festivos, e calquera día da semana no caso dos axexos. Así mesmo, tamén se poderán cazar mediante a modalidade de axexo, desde o 1 de abril ata o 31 de xullo de 2021, en calquera día da semana.

Con carácter xeral, prohíbese o aproveitamento cinexético das femias de corzo. Non obstante, permitirase a súa caza puntual e localizada como consecuencia dos danos que poidan ocasionar, de acordo co establecido no artigo 13 desta resolución.

Así mesmo, en prol dun mantemento sustentable das poboacións desta especie e sempre e cando se solicite no correspondente plan anual de aproveitamento cinexético, e se xustifique achegando un informe técnico baseado na situación real da poboación desta especie no tecor, en que se motive a necesidade de realizar o seu aproveitamento cinexético, permitirase a caza das femias adultas en descaste, mediante a modalidade de axexo (calquera día da semana) ou en batida ou montaría (os sábados, domingos e festivos), no período comprendido entre o 5 de setembro e o 17 de outubro de 2020 ou ben entre o 7 de xaneiro e o 2 de febreiro de 2021, á elección da persoa titular do aproveitamento. Este período deberá quedar expresamente reflectido no correspondente plan anual de aproveitamento cinexético, e entenderase, na súa falta, que se corresponde co segundo dos períodos indicados (do 7 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2021).

A autorización fixará o número de pezas máximo que se poderá abater de acordo co plan anual de aproveitamento cinexético. Non se poderán realizar na mesma mancha unha batida e un axexo simultáneos, nin modalidades de caza maior e menor simultaneamente.

b) Xabaril (Sus scrofa): en terreos de réxime cinexético especial, incluída a superficie destinada a vedado de caza e zonas de adestramento de cans e aves de cetraría que teñen aprobadas os tecores, poderá cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos, desde o 22 de agosto de 2020 ata o 28 de febreiro de 2021, nas modalidades de batida, montaría e espera, autorizadas segundo o establecido nos artigos 11 e 12 desta resolución.

Nos terreos de réxime cinexético especial que non teñan cuberta a cota de capturas de xabaril aprobada para a tempada 2020/21, poderán cazar esta especie nos axexos de corzo que teñan aprobados no correspondente plan anual de aproveitamento desde o 1 de abril ata o 31 de xullo de 2021.

En terreos de réxime cinexético común (código de procedemento administrativo MT720J), poderá cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos desde o 22 de agosto ata o 31 de agosto de 2020, e desde o 7 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2021. No período comprendido entre o 1 de setembro de 2020 e o 5 de xaneiro de 2021, ambos incluídos, unicamente se poderá cazar os sábados.

Queda prohibido realizar, na mesma mancha e xornada, batidas sobre esta especie e practicar a caza sobre especies de caza menor.

c) Cervo, gamo e muflón (Cervus elaphus, Dama dama e Ovis ammon musimon): unicamente se poderán cazar en terreos cinexéticos de réxime especial, na modalidade de axexo, desde o 13 de setembro ata o 17 de outubro de 2020, calquera día da semana, no caso de machos adultos e femias adultas en descaste e, con todas as modalidades, desde o 18 de outubro de 2020 ata o 10 de xaneiro de 2021, os xoves, sábados, domingos e festivos, e calquera día no caso dos axexos, con autorización dos servizos provinciais de Patrimonio Natural.

d) Cabra montesa (Capra pyrenaica): prohíbese a caza desta especie no territorio de Galicia, agás nos tecores do Xurés especificados no correspondente plan anual de aproveitamento cinexético aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, onde se permite a súa caza desde o 15 de setembro de 2020 ata o 15 de marzo de 2021, impoñéndose, entre outras, as seguintes condicións e restricións:

A modalidade de caza permitida é o axexo e establécese unha cota de capturas de 10 machos (7 exemplares de trofeo e 3 selectivos) e 3 femias en descaste. Diferéncianse os seguintes períodos en función do tipo de exemplar que se vai cazar:

Exemplar

Datas

Macho selectivo e femia adulta en descaste

Do 15.9.2020 ata o 31.10.2020

Macho trofeo

Do 15.12.2020 ata o 15.3.2021

e) Rebezo (Rupicapra pyrenaica): unicamente se permite o aproveitamento cinexético desta especie na Reserva Nacional de Caza dos Ancares, de acordo co establecido no artigo 19 desta resolución.

f) Lobo (Canis lupus): queda prohibida con carácter xeral a súa caza en Galicia, e poderán adoptarse medidas de control fronte aos danos producidos pola especie, de acordo co reflectido no artigo 13.2.a) desta resolución.

Artigo 17. Terreos nos cales se prohibe o exercicio da caza

Sen prexuízo do establecido no artigo 43 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, con respecto ao exercicio da caza nas zonas de seguridade, queda prohibido o exercicio de toda clase de caza e adestramento de cans e aves de cetraría nos terreos recollidos no anexo I desta resolución, así como nas zonas de seguridade declaradas expresamente por petición da persoa titular dos terreos.

Artigo 18. Autorización de xestión cinexética en vedados

De acordo co establecido no artigo 19.3 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, os vedados de caza poderán ser obxecto de xestión cinexética por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais, debidamente motivadas.

As solicitudes de autorización de xestión dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente, e deberán ir acompañadas dun informe técnico en que se xustifique a necesidade da adopción das ditas medidas.

O Servizo Provincial de Patrimonio Natural valorará se as solicitudes presentadas se axustan ás motivacións establecidas no citado artigo e fixará as condicións para o outorgamento das autorizacións, de ser o caso.

Artigo 19. Réxime especial da Reserva Nacional de Caza dos Ancares

Os períodos hábiles de caza na Reserva Nacional de Caza dos Ancares estableceranse en función dos acordos que en tal sentido tome a Xunta Consultiva da Reserva.

Artigo 20. Procedementos administrativos e forma e lugar de presentación de solicitudes e comunicacións

1. Os tecores ou explotacións cinexéticas comerciais que teñan vixente o seu plan de ordenación cinexética deberán presentar o plan anual de aproveitamento cinexético ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar a solicitude de aprobación segundo o anexo VI desta resolución (código de procedemento administrativo MT720A).

2. Os tecores ou explotacións cinexéticas comerciais cuxa vixencia do seu plan de ordenación cinexética remate na tempada 2019/20 deberán presentar a súa renovación ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar a solicitude de renovación segundo o anexo VII desta resolución (código de procedemento administrativo MT720B).

3. A comunicación previa das cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de comunicación segundo o anexo VIII desta resolución (código de procedemento administrativo MT720C).

4. A comunicación de resultados cinexéticos das cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de comunicación segundo o anexo IX desta resolución (código de procedemento administrativo MT720D).

5. A solicitude de autorización para realizar o adestramento de cans atrelados en zonas libres de caza realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo X desta resolución (código de procedemento administrativo MT720E).

6. A solicitude de autorización para realizar xestión cinexética en vedados por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XI desta resolución (código de procedemento administrativo MT720F).

7. A solicitude de autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza realizarase ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XII desta resolución (código de procedemento administrativo MT720G).

8. A solicitude de autorización para realizar o adestramento de cans de rastro e mostra e/ou aves de cetraría con fins de competición realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XIII desta resolución (código de procedemento administrativo MT720H).

9. A solicitude de autorización para realizar competicións de caza realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XIV desta resolución (código de procedemento administrativo MT720I).

10. A solicitude de autorización para realizar batidas, montarías ou esperas en zonas libres de caza realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XV desta resolución (código de procedemento administrativo MT720J).

11. A solicitude de autorización para realizar batidas ou montarías por danos ocasionados polas especies cinexéticas realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XVI desta resolución (código de procedemento administrativo MT720K).

12. A solicitude de autorización para realizar esperas e axexos por danos ocasionados polas especies cinexéticas realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XVII desta resolución (código de procedemento administrativo MT720L).

13. A solicitude de autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XVIII desta resolución (código de procedemento administrativo MT720M).

14. A solicitude de autorización para cazar na modalidade de cetraría durante todo o ano, excepto nos meses de abril, maio e xuño, en zonas libres de caza, realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XIX desta resolución (código de procedemento administrativo MT720N).

15. A solicitude de autorización para a caza do paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia turtur) nos tecores da antiga lagoa de Antela realizarase ante a xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XX desta resolución (código de procedemento administrativo MT720O).

16. A solicitude xenérica en materia de caza establécese co fin de recoller aqueles procedementos non incluídos na presente resolución e realizarase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para o cal deben presentar o modelo de solicitude segundo o anexo XXI desta resolución (código de procedemento administrativo MT720P).

17. Para as solicitudes e/ou comunicacións establecidas neste artigo utilizarase o correspondente formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

18. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 21. Comprobación de datos

1. Para tramitar estes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante da persoa física ou xurídica solicitante (se for o caso).

c) NIF da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 22. Documentación complementaria necesaria para tramitar os procedementos

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético (MT720A) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Plan anual de aproveitamento cinexético obtido na aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia http://emediorural.xunta.es/caza/UsuariosCaza.

Para acceder á dita aplicación informática será preciso identificarse introducindo o número de NIF/DNI/NIE e o contrasinal facilitado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de renovación do plan de ordenación cinexética (MT720B) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Resumo do plan de ordenación cinexética obtido da aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia http://emediorural.xunta.es/caza/UsuariosCaza.

c) Plan de ordenación cinexética.

3. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación previa das cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo (MT720C) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Documento de comunicación previa de cazaría baixo a modalidade que se pretende practicar, obtido da páxina web da Consellería http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&sub=procesos/.

4. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación de resultados cinexéticos das cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo (MT720D) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Nas cazarías realizadas en zonas libres de caza, o documento de comunicación de resultados das cazarías realizadas, xunto coa imaxe das matrices dos precintos utilizados, e a relación de participantes nas cazarías realizadas nas modalidades de batida ou montaría, segundo os modelos dispoñibles na páxina web da Consellería http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&sub=procesos/.

c) Nas cazarías realizadas en terreos de réxime cinexético especial, documento de resultados das cazarías realizadas, obtido da aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia http://emediorural.xunta.es/caza/UsuariosCaza/, xunto coa imaxe das matrices dos precintos utilizados, e a relación de participantes nas cazarías realizadas nas modalidades de batida ou montaría, segundo os modelos dispoñibles na páxina web da Consellería http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&sub=procesos/.

5. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de autorización para realizar o adestramento de cans atrelados en zonas libres de caza (MT720E), a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Cartografía da/das zona/s libre/s solicitada/s, obtida da páxina web da Consellería http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&sub=procesos/.

6. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude para realizar xestión cinexética en vedados por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais (MT720F) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Informe técnico en que se xustifique a necesidade de adopción das medidas de xestión.

7. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza (MT720G) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Relación nominal de posibles participantes na cazaría.

8. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude para realizar o adestramento de cans de rastro e mostra e/ou aves de cetraría con fins de competición (MT720H) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Informe da Federación Galega de Caza.

c) Cartografía en que se delimitan os terreos afectados pola solicitude.

9. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de autorización para realizar competicións de caza (MT720I) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Informe da Federación Galega de Caza.

c) Consentimento do titular do espazo cinexético para realizar a competición de caza.

10. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de autorización para realizar batidas, montarías ou esperas en zonas libres de caza (MT720J) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Relación nominal de posibles participantes na cazaría, no caso de batidas e montarías.

11. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude autorización para realizar batidas ou montarías por danos ocasionados polas especies cinexéticas (MT720K) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Relación nominal de posibles participantes na cazaría.

c) Relación nominal de persoas afectadas polos danos.

12. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de autorización para realizar esperas e axexos por danos ocasionados polas especies cinexéticas (MT720L) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Relación nominal de persoas afectadas polos danos.

13. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural (MT720M) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Taxa administrativa pagada para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural na tempada vixente (código 30.38.05).

14. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude autorización para cazar na modalidade de cetraría durante todo o ano, excepto nos meses de abril, maio e xuño, en zonas libres de caza (MT720N), a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Cartografía da/s zona/s libre/s solicitada/s, obtida da páxina web da Consellería
http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&sub=procesos/.

15. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude autorización para a caza do paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia turtur) no período do 15 de agosto ao 6 de setembro de 2020, nos tecores da antiga lagoa de Antela nos concellos que se relacionan no anexo III desta resolución (MT720O), a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

b) Plan técnico de caza para o paspallás, que ten que incluír un censo da especie, un cálculo do número de capturas totais e a súa repartición por xornada de caza, cun máximo de 10 pezas por cazador/a e día.

c) Cartografía en que se delimiten os cuarteis de caza para estas especies.

16. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude xenérica en materia de caza (MT720P) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

17. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

18. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

19. A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 23. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 24. Prazo de presentación de solicitudes

Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:

1. As solicitudes de aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético (MT720A), renovación do plan de ordenación cinexética (MT720B), autorización para realizar o adestramento de cans atrelados en zonas libres de caza (MT720E), xestión de vedados por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais (MT720F), autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza (MT720G), autorización para realizar o adestramento de cans de rastro e mostra e/ou aves de cetraría con fins de competición (MT720H), autorización para realizar competicións de caza (MT720I), autorización para realizar batidas, montarías ou esperas en zonas libres de caza (MT720J), autorización para realizar batidas ou montarías por danos (MT720K), autorización para realizar esperas e axexos por danos (MT720L), autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural (MT720M), autorización para cazar na modalidade de cetraría durante todo o ano, excepto nos meses de abril, maio e xuño, en zonas libres de caza (MT720N) e solicitude xenérica en materia de caza (MT720P) poderanse presentar ao longo de todo o ano.

2. As solicitudes de autorización para a caza do paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia turtur) nos tecores da antiga lagoa de Antela, nos concellos que se relacionan no anexo III desta resolución (MT720O), deberanse presentar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e establécese como data límite o 3 de agosto de 2020.

Artigo 25. Tramitación

1. As solicitudes e/ou comunicacións remitiranse ás xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, excepto as de autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza, que se dirixirán á dirección xeral competente en materia de caza. Os servizos de Patrimonio Natural examinaranas e revisarán a documentación acompañante que se especifica no artigo 22 desta resolución.

2. No caso de que fosen detectados erros ou omisións, requirirase a persoa interesada para que, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao de recepción do requirimento, emende ou complete a solicitude, coa indicación de que, se non o fixese así, se terá por desistida da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 26. Resolución e recursos

1. De conformidade co establecido nos artigos 9, 19, 44, 48, 53, 54, 64 e 73 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, e nos artigos 2, 36 e 54 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia, a competencia para a aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético; renovación do plan de ordenación cinexética; autorización para realizar o adestramento de cans atrelados en zonas libres de caza; autorización para realizar xestión de vedados por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais; autorización para realizar o adestramento de cans de rastro e mostra e/ou aves de cetraría con fins de competición; autorización para realizar competicións de caza; autorización para realizar batidas ou montarías en zonas libres de caza; autorización para realizar batidas ou montarías por danos ocasionados polas especies cinexéticas; autorización para realizar esperas e axexos por danos ocasionados polas especies cinexéticas; autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural; autorización para cazar na modalidade de cetraría durante todo o ano; autorización para a caza do paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia turtur) nos tecores da antiga lagoa de Antela; nos concellos que se relacionan no anexo III desta resolución; autorización para realizar batidas, montarías ou esperas nas zonas libres de caza; e solicitude xenérica en materia de caza, correspóndelle á persoa titular do órgano territorial da dirección competente en materia de conservación da natureza.

2. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, a competencia para autorizar a caza de aves prexudiciais para a agricultura e a caza correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

3. As resolucións ditadas segundo o disposto nos números 1 e 2 deste artigo non porán fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Os tecores ou explotacións cinexéticas comerciais que presenten a solicitude de renovación do plan de ordenación cinexética e non obteñan a súa resolución expresa no prazo de dous meses, fixado no artigo 2.5 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia, entenderán por aprobado o dito plan.

5. No caso dos tecores ou explotacións cinexéticas comerciais que presentaron no prazo establecido para o efecto a solicitude de aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético para a tempada 2020/21 sen obter no prazo dun mes unha resolución expresa, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, considerarase non aprobado o dito plan en canto non se dite esa resolución expresa. Non obstante, quedará prorrogada a vixencia do plan anual de aproveitamento cinexético correspondente á tempada 2019/20 ata que se dite a correspondente resolución administrativa.

6. As persoas interesadas que presenten as solicitudes de autorización para realizar o adestramento de cans atrelados en zonas libres de caza; autorización para realizar xestión de vedados por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais; autorización para realizar o adestramento de cans de rastro e mostra e/ou aves de cetraría con fins de competición; autorización para realizar competicións de caza; autorización para realizar batidas, montarías ou esperas en zonas libres de caza; autorización para realizar batidas ou montarías por danos ocasionados polas especies cinexéticas; autorización para realizar esperas e axexos por danos ocasionados polas especies cinexéticas; autorización para cazar na modalidade de cetraría durante todo o ano; autorización para a caza do paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia turtur) nos tecores da antiga lagoa de Antela, nos concellos que se relacionan no anexo III desta resolución, e autorización de solicitudes xenéricas en materia de caza, e non obteñan a súa resolución expresa no prazo de tres meses fixado no artigo 21.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de acordo coa disposición adicional terceira da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, entenderán por aprobada a dita solicitude.

7. As persoas interesadas que presentaron as solicitudes de autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural pero non obteñan a súa resolución expresa no prazo de tres meses fixado no artigo 53 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, entenderán por aprobada a dita solicitude.

Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderanse fundamentar no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para tramitar e resolver os seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de dar a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición adicional segunda. Actualización de modelos normalizados

Os modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.

Disposición adicional terceira

A persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural poderá modificar o inicio ou o remate dos períodos de caza sinalados cando haxa razóns especiais que o xustifiquen, así como ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación da presente disposición mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2020

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO I

Zonas nas cales se prohibe o exercicio da caza
e o adestramento de cans e aves de cetraría

Lémbrase, con carácter xeral, a prohibición de cazar nas zonas a que se refire o artigo 85.10 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 13 desta resolución.

Provincia da Coruña

Código

Lugar afectado

Delimitación da zona prohibida

CO-1

Arquipélago de Sálvora do P. Nac. Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (concello de Ribeira)

Toda a súa superficie

CO-2

Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (Ribeira)

N: vila de Corrubedo e estrada de acceso a esta desde Artes; S: camiño que une a parroquia de Vilar con Liboi ata punta Corveiro; L: camiño que comunica as parroquias de Artes e Vilar

CO-3

Zona costeira occidental atlántica co concello de Muros: zona da Lagoa de Louro

Camiño público que desde O Ancoradoiro sae á estrada AC-550 de Cee a Ribeira; segue por esta estrada ao longo de 200 metros para continuar polo límite do Monte Naraío e Tixia e polo camiño a través deste, ata alcanzar a AC-550 pasando polo casarío da Madanela, 80 metros ao longo desta ata o comezo do chamado camiño do monte Louro, límite deste monte entre o camiño e o mar; liña de costa ao longo da praia de Louro ata o porto do Ancoradoiro e desde aquí, en liña recta, ata o punto de partida

CO-4

Illas Sisargas (concello de Malpica)

Toda a súa superficie

CO-5

Zona costeira occidental atlántica do concello de Porto do San, zona das lagoas de Xuño e San Pedro de Muro

Río Sieira desde a súa desembocadura no océano Atlántico, río arriba, ata a estrada de Noia a Sta. Uxía de Ribeira (km 52,3). Desde este punto ata a encrucillada da estrada de Seráns, pasando por San Pedro de Muro, ata a antiga fábrica de tella. Desde aquí seguindo o camiño que chega ata a punta do cabo Teira séguese pola liña de costa ata a desembocadura do río Sieira

CO-6

Zona costeira occidental atlántica do concello de Ferrol: Lagoa de Doniños

Norte, partindo da liña de costa séguese a liña que separa os terreos de uso militar ata chegar á encrucillada da estrada que vai a Curros e Fontemaior; desde esta encrucillada de estradas séguese pola estrada de Fonta ata chegar á punta Penencia na costa e desde aquí, pola liña de costa, ata a liña de terreos de uso militar

CO-7

Zona da lagoa da Frouxeira, no concello de Valdoviño

Norte, desde a punta A Frouxeira, ao longo do areal ou praia da Frouxeira, pola liña de costa ata a liña recta imaxinaria trazada desde a illa Percebelleira ata a estrada que desde Porta do Sol, en Valdoviño, remata na praia. Seguindo por esta estrada ata a estrada de Ferrol a Cedeira e por esta ata o seu cruzamento coa de Ferrol a Valdoviño ata Canto do Muro, pola estrada local da Frouxeira ata a punta A Frouxeira

CO-8

Zona do Monte de San Xurxo e Monte de Brión, concello de Ferrol

Norte e oeste co océano Atlántico, ao leste con predios particulares na demarcación parroquial de San Xurxo en que está situado o monte; ao sur con predios particulares e o océano Atlántico.

Norte e oeste, demarcación parroquial de Doniños. Ao leste, con propiedades particulares da parroquia de Brión, ao sur con propiedades particulares e océano Atlántico

CO-09

Encoro de Cecebre

N: desde a presa seguindo pola estrada que une o lugar de Cecebre con San Román, atravesando os lugares de Seixurra e San Román, ata o cruzamento coa autoestrada do Atlántico; L: seguindo a autoestrada ata o quilómetro 17 e continuando por unha pista en terra de servidume daquela, para rematar na presa de formigón sobre o río Mero; S: desde o punto anterior seguindo a marxe dereita do río Mero ata a ponte, e continuando pola estrada entre os lugares de Torre, O Covelo, Agrolongo e Orto de Arriba ata o viaduto do río Barcés, cuxa marxe dereita segue ata o lugar de Táboas, na estrada de Mabegondo a Carral; O: seguindo a marxe esquerda do río Barcés ata o viaduto e continuando pola estrada ata a presa do encoro

CO-10

Encoro de Sabón

Desde a presa do encoro contiguo á central térmica de Sabón pola estrada de servizo do polígono industrial, deixando o encoro á man esquerda ata o cruzamento da estrada da Coruña a Fisterra. Desde este punto, e seguindo a estrada de servizo do polígono, ata as instalacións industriais de Silicios de Sabón, S.A. e presa

CO-11

Brañas de Sada, concello de Sada

Parroquia de Sada. Coord.: lonxitude 8º 15’ W, latitude 43º 21’ N

CO-12

ZEPA Es0000086, Ría de Ortigueira e Ladrido

A que figura na Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DOG nº 95, do 19 de maio), pola que se dispón a publicación no DOG da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG nº 69, do 12 de abril)

CO-13

Encoro da Ribeira, concello das Pontes

N: marxe do encoro e límite do tecor C-10.121 ata 200 m da confluencia do regato Brandián; L: bordeando o predio Cabalar a 200 m do cercado e continuando pola marxe dereita do río Eume ata a área recreativa de Caneiro; S: desde a área recreativa de Caneiro seguindo o camiño ou pista cara ás Pontes ata a confluencia do camiño que baixa ao complexo recreativo de Vilarbó, seguindo este camiño ata as ditas instalacións e despois continuando pola marxe esquerda do encoro, respectando os 200 m de influencia, ata a presa; O: desde a presa seguindo a marxe do encoro en Cuíña, Vilarnovo e Maraxón ata pechar o perímetro

CO-14

Ría de Ferrol

Desde a ponte das Pías ata a desembocadura do Xuvia en ambas as dúas marxes

CO-15

Marismas de Baldaio

N: océano Atlántico; S: o camiño desde Rebordelos a Santa Mariña, pasando pola Igrexa, Castrillón, Outeiro, Cambre e Arnados; L: o camiño desde a praia Pedra do Sal ata Rebordelos; O: o camiño desde Santa Mariña á Punta do Pazo

CO-16

Enseada de Insua, concello de Ponteceso

N: o camiño local de Punta Balarés a Cospindo, continuando pola estrada de Corme ata Ponteceso, estrada de Ponteceso a Buño; S: estrada de Ponteceso a Laxe, ata o lugar de Canduas; L: o camiño que vai desde a estrada de Ponteceso a Buño ata o río Anllóns, continuando por este, ata Anllóns de Arriba; O: a liña que une Canduas, Punta Padrón e Punta Balarés

CO-17

Lagoa de Traba

N: océano Atlántico; leste e sur: desde punta Arnado seguindo polo camiño en parte, ata enlazar coa última pista de concentración parcelaria, que discorre paralelamente á lagoa en dirección ao lugar de Cernado; O: pista asfaltada que une o lugar de Mórdomo coa estrada comarcal de Laxe-Ponte do Porto

CO-18

LIC Es1110007 Betanzos-Mandeo

Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DOG nº 95, do 19 de maio), pola que se dispón a publicación da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG nº 69, do 12 de abril)

CO-19

Estación cinexética de Cerqueiros (Monfero)

En toda a estación

CO-20

Marisma de Carnota

Área incluída dentro do perímetro da masa de auga

CO-21

Encoro de Vilagudín, concellos de Cerceda, Ordes e Tordoia

Área incluída dentro do perímetro da masa de auga dentro dos 200 metros de cota máxima do nivel de auga do encoro

CO-22

Encoro de Vilasenín (concellos de Cerceda e Ordes)

Área incluída dentro dos cinco metros da cota máxima do nivel de auga do encoro

CO-23

MVMC de Xián, Furiño, Gándara, A Ribeiratorta e Reboredo (parroquias de Colúns e Arcos, concello de Mazaricos)

Toda a súa superficie

CO-24

Predio do Mosteiro de Sobrado

Toda a súa superficie

CO-25

Zona do Barbanza

Linde O: iníciase na cota 557, que linda os montes de Barbanza de Cures e Barbanza de Nebra; continúa polas cotas 576, 567, 602, 600, 581, 593, 663, 606, 612, 597 e 620 de Barbanza de Nebra; segue polas cotas 622, 616 de Barbanza de Noal; continúa polas cotas 634, 626, 629, 644 e 616 de Barbanza de Baroña, cota que fai límite cos montes de Barbanza de Boiro. Linde L: da cota 616, límite entre os montes de Barbanza de Baroña e Barbanza de Boiro, cruzando o rego Barazal ata a cota 561 de Barbanza de Boiro, de aquí á fonte de Porto Traveso e ás cotas 562, 572, 576, e 557 de Barbanza de Cures recollendo o inicio do linde O

CO-26

Terreos do concello de Sobrado

S: desde o quilómetro dous da estrada LC-233 ata a saída do regato da Lagoa de Sobrado; séguese o seu curso ata o lugar da Pontepedra;

O: desde A Pontepedra, seguindo a estrada ata o quilómetro 18 da

LC-231; N: pola estrada que vai ao Centro Ictioxénico ata a dita instalación; L: desde o Centro Ictioxénico, monte a través, ata o quilómetro dous da estrada LC-233

CO-27

Marismas de Dodro

Os límites da prohibición están sinalizados sobre o terreo polo Servizo Provincial de Patrimonio Natural da Coruña

Provincia de Lugo

Código

Lugar afectado

Delimitación da zona prohibida

LU-01

Xunqueiras e ría de Ribadeo

Desde A Ponte de Porto pola pista que pasa por Mión de Louteiro ata a altura do km 4,700 da estrada de Vegadeo a Lugo, onde cruza o río Eo; desde este punto quilométrico segue pola citada estrada de Lugo a Vegadeo ata Porto de Abaixo; desde aquí e pola estrada nacional de Santander á Coruña ata Ribadeo; desde aquí pola estrada provincial ata Senra; desde aquí pola pista que chega á punta de costa denominada punta de Penas Brancas

LU-02

Monte Fraga Vella (concellos de Abadín e Mondoñedo)

N: monte de utilidade pública Tremoal e Fraga das Vigas, parroquia de Labrada, do concello de Abadín: Casarío dos Agros e río Fraga Vella; L: río Fraga Vella e monte de utilidade pública nº 46B Brañas e Toxiza, da parroquia de Mondoñedo e outras; S: monte de utilidade pública nº 43 Coto da Cal, da parroquia de Romariz, do concello de Abadín; O: monte de utilidade pública nº 44 Tremoal e Fraga das Vigas, da parroquia de Labrada, do concello de Abadín

LU-03

Terreos de Espiñeira e lagoa de Cospeito (concello de Cospeito)

N: termo do concello de Vilalba, ata o punto de cruzamento da estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito, en Guisande; L: estrada de Rábade a Moncelos por Cospeito; S: estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito, lugar de Feira do Monte e estrada de Cospeito a Vilalba, ata a ponte de Sistallo; O: pista da ponte de Sistallo á casa de Angulo da Espiñeira, ata o límite co concello de Vilalba

LU-04

Terreos do monte do Veral, parroquia do Veral, concello de Lugo

N: estrada de Lugo a Friol e río Mera; L: propiedades particulares da parroquia de San Xoán do Alto; S: propiedades de veciños/as de San Xoán do Alto e camiño de Abelairas; O: río Mera, monte da parroquia do Veral, e propiedades dos veciños do Veral

LU-05

Monte Paramedela (concello da Pobra de Brollón)

N: monte de Salcedo a Bairán; L: monte de Salcedo a Bairán; S: monte de Salcedo a Bairán e río Lor, concello de Quiroga; O: monte de Salcedo e Bairán e río Loureiro

LU-06

Monte Bibei (concello de Quiroga)

N: monte de Enciñeira; L: provincia de Ourense, monte comunal e propiedades particulares; S: provincia de Ourense; O: río Bibei, propiedades particulares, regato de Cavados e estrada de Ourense a Ponferrada

LU-07

Devesa de Rogueira (sita en Moreda, O Courel)

N: monte e prados en Moreda; L: monte de Moreda e de Vieña, ata o pico de Formigueiros; S: termo municipal de Quiroga ata Corga de Mosa e monte de Ferreiros ata Pico Polín; O: monte de Parada

LU-08

Ría de Foz

N: boca da ría desde Punta do Cabo ata punta de San Bartolomeu; L: desde o punto anterior pola beira leste da praia de Altar á de Tupido, estrada de Viladaíde e A Áspera e camiño á igrexa de San Cosme de Barreiros, estrada ao Vilar, ferrocarril FerrolXixón/Gijón ata o camiño de dirección NS á estrada comarcal 642 de Ferrol por Ortigueira; S: estrada C642, A Espiñeira e Ponte da Espiñeira; O: desde a Ponte da Espiñeira, pola estrada C642 ata Fondós, baixada á punta de Malatel e beira da ría ata punta do Cabo

LU-09

Veiga de Pumar (concello de Castro de Rei)

N: termo municipal de Cospeito, pola estrada de Rocelle a Porto do Monte e en liña recta ao Porto de Boraño, no río Miño; L: río Miño ata 200 metros augas abaixo da desembocadura do regato de Pumar, na presa de Oroxe, leiras particulares ata o cruzamento da estrada de Xustás a Oroxe; S: estrada de Oroxe a Almudia; O: estrada de Almudia a Arneiro ata o límite do termo municipal de Castro de Rei

LU-10

Lagoas do Pedroso, parroquias de Pazos e Illán (termo municipal de Begonte)

N: pista de acceso desde O Pedroso ata a confluencia co río Ladra; L: pista que comunica os lugares de Riocaldo e O Pedroso; S: nacional VI; O: río Ladra

Provincia de Ourense

Código

Lugar afectado

Delimitación da zona prohibida

OU-01

Encoro de Castrelo de Miño (concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño e Cenlle)

Nas augas e marxes de dominio público, desde os lugares de Sanín e Oleiros ata o encoro

OU-02

Parque Natural do Invernadeiro (concello de Vilariño de Conso)

Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Invernadeiro

OU-03

Finca Salgueiros (concello de Muíños), pertencente ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

Toda a súa superficie

OU-04

Subzona ZPDG-A1 (Alta Serra do Xurés en Lobios e Muíños,

O Barranco da Cruz do Touro en Lobios e O Barranco de Olelas en Entrimo)

Decreto 64/2009, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

OU-05

Zona de influencia de explotación de areas da comarca da Limia, no termo municipal de Sandiás

Plano do plan director de restauración para as explotacións mineiras a ceo aberto na lagoa de Antela, aprobado pola Resolución do 4 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental marco e o Plan director de restauración para as explotacións mineiras a ceo aberto na lagoa de Antela (Ourense), do 2 de febreiro de 2001 (DOG nº 99, do 24 de maio)

OU-06

Terreos da Edreira e Nabuíñas que son propiedade da Xunta de Galicia, no termo municipal de Laza

Toda a súa superficie

OU-07

Zonas de reserva integral do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural

Provincia de Pontevedra

Código

Lugar afectado

Delimitación da zona prohibida

PO-01

Arquipélagos de Cíes, Ons e Cortegada, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Toda a súa superficie

PO-02

Augas mariñas, illotes e zona litoral de dominio público da enseada de San Simón, formada polo entrante da ría de Vigo ata a ponte de Rande, sobre o estreito de Rande

Toda a súa superficie

PO-03

Augas mariñas, illotes e zona litoral de dominio público e zona marítima do complexo intermareal de Umia-O Grove-A Lanzada-punta Bodeira

Zona húmida incluída no Convenio internacional de Ramsar

PO-04

Norte e sur das Gándaras de Budiño (concello do Porriño)

N: estrada que parte da estrada N-550 en dirección Santo André;

S: estrada que parte da N-550 en dirección Madanela; L: N-550 e estrada de acceso ao polígono das Gándaras; O: a división entre a vexetación da zona húmida e os piñeiros, matogueira e terras de cultivo. Camiño que parte da estrada que marca o límite norte e que atravesa Centeáns e Quintela e chega ata Madanela

PO-05

Encoro de Pontillón do Castro (concello de Pontevedra). Superficie: 31,5 ha

N: pista forestal contigua ao encoro; L: pista forestal contigua ao encoro que continúa a anterior; S: estrada comarcal de Pontevedra ao encoro, desde a confluencia coa pista anterior ata o dique daquel; O: liña imaxinaria paralela ao límite dos terreos propiedade do concello de Pontevedra, a unha distancia de 250 m que parte do dique do encoro

PO-06

Zona sur da illa de Arousa, denominada punta de Carreirón

N: enseada da Brava e praia de Salinas; L: liña de costa; S: liña de costa; O: liña de costa

PO-07

Zona de Baixo Miño e illa Canosa

N: pola pista que delimita o piñeiral da praia de Camposancos, segue pola faixa aberta polo tendido eléctrico de alta tensión, segue ata o campo de deportes, continúa por toda a zona húmida, desde a pista que sae da Pasaxe ata a ponte do río Tamuxe; L: río Tamuxe; S: río Miño; O: océano Atlántico e punta de Santa Tegra

PO-08

Illa Canosa e Morraceira do Grilo

Toda a súa superficie

PO-09

Parque Natural do Monte Aloia, en Tui

Toda a súa superficie

PO-10

Zona de Val Miñor

N: estrada PO-340, desde a desviación para Mañufe ata monte Lourido; S: estrada de Mañufe á Ermida Sta. Marta; L: estrada e ponte desde Mañufe á estrada PO-340; O: zona marítima desde a Ermida de Santa Marta ata os illotes de Garza e monte Lourido

PO-11

Xunqueira de Alba, no termo municipal de Pontevedra

N: pista de Ponte Cabras ata a autoestrada A-9; S: río Lérez; L: pista desde As Correntes pasando pola ponte do Maxeiro, rúa da Gándara, ata a ponte das Cabras; O: autoestrada A-9

ANEXO II

Relación de especies cazables comercializables no territorio
da Comunidade Autónoma de Galicia

a) Aves:

• Anas plathyrhynchos: lavanco real.

• Alectoris rufa: perdiz rubia.

• Phasianus colchicus: faisán común.

• Columba palumbus: pombo torcaz.

• Columba oenas: pomba zura1.

• Coturnix coturnix: paspallás1.

b) Mamíferos:

• Lepus granatensis: lebre.

• Oryctolagus cuniculus: coello.

• Vulpes vulpes: raposo.

• Sus scrofa: xabaril.

• Cervus elaphus: cervo.

• Capreolus capreolus: corzo.

• Dama dama: gamo.

• Ovis ammon musimon: muflón*.

(1) Só os exemplares procedentes de explotacións industriais.

(*) Especie incluída no Convenio de Washington.

ANEXO III

Concellos da provincia de Ourense que abranguen a antiga lagoa de Antela:

– Rairiz de Veiga.

– Vilar de Santos.

– Sandiás.

– Vilar de Barrio.

– Sarreaus.

– Xinzo de Limia.

– Trasmiras.

– Porqueira.

– Xunqueira de Ambía.

ANEXO IV

Relación de concellos nos cales se prohibe cazar a becacina cabra (Gallinago gallinago):

– Baltar.

– Baños de Molgas.

– Calvos de Randín.

– Cualedro.

– Monterrei.

– Muíños.

– Porqueira.

– Rairiz de Veiga.

– Sarreaus.

– Trasmiras.

– Vilar de Barrio.

ANEXO V

Declaración responsable de procedencia de partes de pezas cinexéticas

(Nome e apelidos) .............................................................................................................,
con NIF .................................... e enderezo ........................................................................,
provincia de ..........................................., en calidade de responsable da cazaría realizada o .............................., no espazo cinexético ......................................................................,
con matrícula .............................., na modalidade .............................................................

Declara:

Que o exemplar da especie ........................................ sexo ............... foi cazado na
citada cazaría, sendo identificado co precinto nº ............................., e FAI ENTREGA
a (nome e apelidos) ...........................................................................................................,
con NIF .................................... e enderezo ........................................................................,
provincia de ..........................................., das seguintes partes da peza cinexética:

Partes da peza cinexética (especifíquense): ...........................

..................................................................................................

..................................................................................................

Peso aproximado (kg):

.......................................

.......................................

Data

Asdo.: a persoa responsable da cazaría ........................................................................

Este documento soamente acredita a procedencia legal das partes da peza cinexética. Non exime, polo tanto, a persoa posuidora do cumprimento da normativa sanitaria ou de calquera outro requisito legal que poida ser requirido polas autoridades competentes.

A validez desta autorización esténdese ata un máximo de 15 días naturais desde a data da súa emisión.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file