Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 4 de xuño de 2020 Páx. 22454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO da oferta de emprego público 2020.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 12 de maio de 2020, aprobouse a oferta de emprego público deste concello para o ano 2020, que contén as prazas que se citan a seguir:

• Persoal funcionario:

Funcionarios de carreira: grupo C2, escala de Administración especial, praza vixilante municipal. Acceso libre. Número de vacantes 1.

• Persoal laboral:

Axente de emprego e desenvolvemento local. Nivel de titulación: grao ou equivalente. Número de vacantes 1.

Encargada/o do punto de atención á infancia. Nivel de titulación: o exixido na normativa reguladora da Comunidade Autónoma para a provisión do posto. Número de vacantes 1.

Persoal de apoio do punto de atención á infancia. Nivel de titulación: o exixido na normativa reguladora da Comunidade Autónoma para a provisión do posto. Número de vacantes 1.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e artigo 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da referida publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Friol, 13 de maio de 2020

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde presidente