Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 5 de xuño de 2020 Páx. 22526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá a coñecer a iniciación do expediente para a declaración da condición de minero-medicinal e termal das augas da captación denominada Pozo do Río, no termo municipal de Ourense.

O día 26 de xaneiro de 2016 José Luis Gavela Varela, en representación da mercantil Noroeste Natural, S.L., con domicilio na avenida de Pontevedra, nº 5, 1º, 32005 Ourense, solicita a declaración da condición de minero-medicinal e termal das augas procedentes da captación situada en terreos propiedade da dita sociedade, no termo municipal de Ourense, que responde ás seguintes coordenadas (ETS89 fuso 29):

X= 592.155

Y= 4.689.364

En consonancia co estipulado no Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, realízase a presente publicación para os efectos oportunos.

Ourense, 7 de maio de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense