Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Proxecto sectorial de creación de solo industrial para as instalacións da mercantil Talleres Ganomagoga, S.L.U., situadas no lugar da Gándara, parroquia de Areas, no concello de Ponteareas, promovido pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas (expediente 2020AAE2420; código 2292/2020).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 26 de maio de 2020, sobre o Proxecto sectorial de creación de solo industrial para as instalacións da mercantil Talleres Ganomagoga, S.L.U., situadas no lugar da Gándara, parroquia de Areas, no concello de Ponteareas, promovido pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático