Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22581

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 97, do 20 de maio de 2020, é necesario incluír os convenios de colaboración relacionados a seguir que se engaden aos xa publicados:

Corrección de erros. Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2020:

Título

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e La Región, S.A. para potenciar o uso do idioma galego

20.1.2020

22.498,64 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e El Progreso de Lugo, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Progreso de Lugo que edita esta entidade

20.1.2020

22.776,40 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a cesión de publicacións electrónicas propias e a súa incorporación á plataforma de préstamo de libro electrónico, Galiciale

29.1.2020

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio

29.1.2020

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Convento de Santo Antón de Herbón-Orde Frailes Menores (OFM), provincia de Santiago, para a execución das obras de conservación no convento de Santo Antón en Herbón, Padrón (A Coruña)

29.1.2020

0 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

29.1.2020

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Escola Galega de Administración Pública para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2020

30.1.2020

41.088,16 €

Convenio entre o Instituto Cervantes e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo para a realización de actividades académicas e culturais conxuntas

31.1.2020

0 €