Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira (policía local, oferta de 2017).

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 5 de marzo de 2020, resolveuse nomear funcionario de carreira (escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, grupo: C1) deste concello a seguinte persoa, tras a finalización do proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local convocado na Orde do 31 de maio de 2019 e recibida comunicación da Academia Galega de Seguridade Pública da persoa proposta para ocupar a praza deste concello na quenda de mobilidade:

José Antonio González Burgo, con DNI número ****658**.

Contra esta resolución pódense interpoñer os seguintes recursos:

– Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación.

– Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, se non se interpón o de reposición. Se se interpón este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta é expresa. Se a resolución non é expresa, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo. Non obstante, o dito prazo está suspendido polo estado de alarma, Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que o prazo para a súa interposición se restablecerá no momento en que perda a vixencia este decreto ou, de ser o caso, as súas prórrogas.

– Calquera outro que xulgue conveniente, baixo a súa responsabilidade.

Tui, 8 de maio de 2020

Enrique Cabaleiro González
Alcalde