Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de maio de 2020 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión outorgada ao Club Náutico de Sada para a construción e a explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Sada.

Logo de solicitude do Club Náutico de Sada, a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 21 de abril de 2020 iniciar o trámite de modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión outorgada ao Club Náutico de Sada para construír e explotar instalacións para a navegación recreativa no porto de Sada.

Para poder xustificar a ampliación de prazo extraordinario segundo o disposto na disposición transitoria 2ª da Lei 6/2017, o concesionario propón realizar unha serie de investimentos, que ascenden a un total de 146.071,78 € (IVE excluído), desagregando este investimento en catro actuacións, definidas na documentación técnica achegada coa solicitude.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público, para que as persoas e as entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia