De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso xeral.
|
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Cambón Torreira, Daniel |
***7561** |
20, 24 |
|
Ferreiro Losada, María Teresa |
***6192** |
24 |
|
Iglesias Pérez, Miguel |
***8908** |
24 |
|
López Paz, Pilar |
***0565** |
20, 24 |
|
Martínez Moar, María Lourdes |
***5177** |
24 |
|
Maseda Bello, Rosa Mar |
***3827** |
20, 24 |
|
Regal Faraldo, María Izaskun |
***9791** |
24 |
|
Regueiro Mira, Francisco |
***0676** |
24 |
|
Sieiro Chedas, Rubén |
***9883** |
24, 33 |
|
Cód. |
Causa da exclusión |
|
20 |
Taxas non aboadas/solicitude non presentada |
|
24 |
Non presenta a documentación exixida |
|
33 |
Non acredita a titulación universitaria exixida |


