Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cospeito (expediente IN407A 8637 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, parcela U2, rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: adecuación LP Mosteiro–OCR Feira do Monte.

Situación: concello de Cospeito.

Características técnicas:

• Modificación en OCR non prefabricado Feira do Monte (13264), consistente na desmontaxe do actual OCR desmantelando as celas e os embarrados, deixando o local baleiro e executando unha conversión aéreo a soterrada para dar continuidade ao circuíto ata CT Feira do Monte (10216).

• Modificación no CT non prefabricado Feira do Monte (10216) consistente na substitución dunha cela de liña e unha de protección por dúas de liña e unha de protección.

• Modificación no CT non prefabricado avenida Rábade (1655) consistente no desprazamento das dúas celas existentes, unha de liña e unha de protección para a instalación a maiores dunha nova cela de liña con interruptor automático.

• Modificación da rede soterrada de alta tensión, consistente no cambio de configuración, pasando da actual alimentación en punta dos transformadores Feira do Monte e Avda. de Rábade a unha alimentación en anel destes, cunha posible alimentación detes desde dous puntos, cunha lonxitude de 175 metros en condutor RHZ1-150 mm2.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

De conformidade co establecido na disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo lo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte o COVI-19, o referido prazo para a interposición do recurso segundo o disposto na resolución, computarase desde o día seguinte hábil á data de finalización da declaración do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrese desde a notificación da actuación administrativa obxecto do recurso ou impugnación con anterioridade á declaración do estado de alarma.

O antedito enténdese sen prexuízo da eficacia e executividade do acto administrativo obxecto de recurso ou impugnación.

Lugo, 18 de maio de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo