O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
RESOLVO:
Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2020 que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020
María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social
ANEXO
Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2020
|
Título |
Obxecto |
Data |
Importe (€) |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, que desenvolve o programa Vacacións en Paz 2020 |
Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento do programa Vacacións en Paz 2020, que ten como obxectivo xeral trasladar a 111 nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas |
10.3.2020 |
100.000 |
|
Acordo polo que se modifica e prorroga o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro Concepción Arenal |
Modificar e prorrogar o convenio asinado o 29 de abril de 2016, entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no Centro Concepción Arenal. Manterase a vixencia ata o 31 de agosto de 2020 |
30.4.2020 |
778.666,68 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Amancio Ortega Gaona (FAO) para a construción dun centro público de atención integral ás persoas maiores dentro do marco do programa Como na Casa, no concello da Coruña |
Definir o marco de colaboración para a construción e posta en funcionamento dun centro de maiores, sito na cidade da Coruña, para atender a maiores en situación de dependencia no marco do plan Como na casa |
15.1.2020 |
Sen custo |


