Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22847

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2020/21.

Co obxecto de realizar a convocatoria para o curso 2020/21 de autorización do programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolve anunciar:

Primeiro. Que a regulación e convocatoria de autorización do programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2020/21 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: http://www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña e completar o formulario electrónico dispoñible na aplicación á cal se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos –no programa correspondente Cuale–.

Terceiro. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de xuño de 2020.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2020

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa