Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22912

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Notaría do Sr. Raúl G. Muñoz Maestre (A Coruña)

ANUNCIO de notificación de adveración de testamento en tempo de epidemia.

Eu, Raúl G. Muñoz Maestre, notario do Colexio da Coruña, residente na Coruña, poño en coñecemento que, o 21 de maio de 2020, instaron ante min acta para a tramitación do expediente sucesorio relativo a adveración e protocolización de testamento en tempo de epidemia, baixo o número 2.518 do protocolo, na cal Sergio García López me requiriu a min, notario, para que proceda a adverar e protocolizar o testamento especial en tempo de epidemia outorgado por Andrés Manuel González López, en aplicación do disposto nos artigos 701 do Código civil e 64 e 65 da Lei do notariado.

Calquera interesado na dita sucesión poderá comparecer o próximo día 11 de xuño de 2020, ás 11.30 horas, no meu despacho notarial situado no Cantón Pequeno, nº 13, 3º, desta cidade da Coruña, para que poida presenciar as dilixencias que se practiquen e facer as observacións que considere oportunas.

A Coruña, 5 de xuño de 2020

Raúl G. Muñoz Maestre
Notario