Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 11 de xuño de 2020 Páx. 22956

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

EXTRACTO da Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á instalación de anteparos nos vehículos dedicados ás actividades de taxi e de alugamento con condutor, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento IF311A).

BDNS (Identif.): 508676.

De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas titulares de autorizacións de transporte habilitantes para o exercicio das actividades de transporte público interurbano en vehículos de turismo, documentadas en autorizacións da serie VT-N, ou de autorizacións administrativas habilitantes para o exercicio da actividade de alugamento de vehículos con condutor, documentadas en autorizacións da serie VTC, en ambos os casos domiciliadas en Galicia e expedidas polos servizos de mobilidade competentes.

Para xeraren dereito á axuda, as autorizacións deberán axustarse ás seguintes regras:

a) Terán que estar domiciliadas en Galicia.

b) Deberán estar vixentes no momento de aprobación da presente convocatoria de axudas e no de presentación da solicitude.

c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular a persoa solicitante.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte habilitantes para o exercicio das actividades de transporte público interurbano en vehículos de turismo, documentadas en autorizacións da serie VT-N, ou de autorizacións administrativas habilitantes para o exercicio da actividade de alugamento de vehículos con condutor, documentadas en autorizacións da serie VTC, en ambos os casos domiciliadas en Galicia, para a adquisición e instalación de anteparos para os vehículos adscritos ás indicadas actividades.

Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións (código de procedemento IF311A). En concreto, poderán ser obxecto de subvención os anteparos adquiridos e instalados entre o 1de marzo de 2020 e o 31 de xullo de 2020 pola totalidade de titulares de autorizacións administrativas habilitantes para o desenvolvemento da actividade de transporte interurbano en taxi ou de alugamento de vehículos con condutor, domiciliadas en Galicia.

O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á instalación de anteparos nos vehículos dedicados ás actividades de taxi e de alugamento con condutor, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento IF311A).

Cuarto. Importe

A concesión das axudas farase con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.512A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, por un importe de 300.000 €.

A contía que se subvencionará será a correspondente ao importe, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), que conste na factura presentada pola persoa titular da licenza xunto coa solicitude e cun importe máximo de setenta e cinco (75) euros por anteparo e vehículo, sempre que se xustificase debidamente o pagamento conforme o establecido no artigo 6 desta orde e se cumpran os demais requisitos nela establecidos. En ningún caso poderá ser obxecto de subvención o IVE.

As axudas recollidas nesta orde quedan suxeitas ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1). A contía total das axudas de minimis concedidas a unha empresa non poderá exceder os 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda ou do obxectivo perseguido.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de xullo de 2020.

Sexto. Outros datos

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado co código de procedemento IF311A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Este modelo irá acompañado, ademais, da documentación relacionada no artigo 6 das bases reguladoras que, necesariamente, deberá anexarse en formato electrónico. Para isto, no proceso de presentación electrónica permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato pdf, odt, ods, doc, xls, docx, xlsx, jpg, png, tiff e bmp).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2020

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade