Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23138

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ACORDO do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se establece a primeira expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia.

A Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se regula a tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, publicada no DOG núm. 248, do 31 de decembro, ampliou o ámbito de idade das persoas beneficiarias ata os 20 anos incluídos e, ademais, preveu a expansión territorial da tarifa Xente Nova dispoñendo que a dirección xeral competente en materia de transportes acordará, logo da tramitación contable oportuna, as datas das sucesivas ampliacións deste ámbito territorial ata abranguer a totalidade da comunidade autónoma, consonte o posibilite a dispoñibilidade de sistemas de cancelación a bordo dos medios de transporte.

Xa que logo, a expansión territorial da tarifa Xente Nova require dunha adaptación tecnolóxica por parte das empresas que prestan os servizos de transporte nas zonas correspondentes; a maiores, esta adaptación debe ser acompañada tamén doutras actuacións co fin de achegar ás persoas usuarias a rede de comercialización da tarxeta TMG Xente Nova, a través da que se xestiona a dita tarifa.

Consonte co indicado na citada Orde do 31 de decembro de 2019, a tarifa Xente Nova resulta inicialmente de aplicación no ámbito das denominadas áreas de transporte metropolitano de Galicia, constituídas polo conxunto de concellos situados nos contornos das cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo que decidiron incorporarse ao plan de transporte metropolitano impulsado pola Xunta de Galicia.

O 13 de marzo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 50 o Acordo do 11 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se establece a primeira expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, que prevía a previsión de aplicación da tarifa Xente Nova a partir do 23 de marzo de 2020.

Con data do 14 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que entrou en vigor no mesmo momento da súa publicación.

Como consecuencia da dita situación, foi necesario deixar sen efecto o Acordo do 11 de marzo de 2020 ao resultar pouco acorde coas restricións establecidas a implantación dunha medida de expansión territorial da tarifa Xente Nova no transporte público interurbano, cuxo obxectivo é precisamente o contrario, facilitar a mobilidade da xuventude.

Na actualidade, dada a situación da emerxencia sanitaria e das medidas de desescalada en que é posible unha maior mobilidade, tanto polos motivos que a xustifican como en relación co ámbito territorial permitido, e tendo en conta que o pagamento con tarxeta constitúe un medio de prevención de transmisión do COVID-19, máis seguro que o pagamento en efectivo, procede dar novamente efectos á expansión prevista e que tivo que ser suspendida por mor da crise sanitaria.

Tal como se sinalaba no Acordo do 11 de marzo de 2020 é preciso ter en conta que unha parte significativa das empresas que prestan servizos de transporte nos dous ámbitos territoriais equivalentes en que non se implantou o Plan de transporte metropolitano, Pontevedra e Ourense, adiantaron os traballos para a dispoñibilidade de máquinas canceladoras, e que nestes concellos xa resultará posible a comercialización da TMG Xente Nova, procede incorporalos a unha primeira expansión territorial da tarifa Xente Nova. Xunto cos ditos ámbitos territoriais, o feito de que os servizos de transporte público do conxunto da provincia de Ourense son explotados por contratos adxudicados no marco do Plan de transporte público de Galicia, defínese un ámbito que resulta igualmente viable integrar nesta primeira expansión territorial.

Finalmente, esta expansión efectúase sobre ámbitos territoriais en que xunto coas concesións de servizos de transporte público máis significativas en volume de tráficos atendidos que xa dispoñen de sistemas de cancelación, conviven outras concesionarias que aínda están en proceso de incorporación destes sistemas, consonte cos prazos fixados nos pregos de condicións, feito que se ten en conta no presente acordo co fin de atender á próxima integración destas concesionarias.

En virtude do exposto e de conformidade co establecido na Orde do 18 de decembro de 2019,

ACORDO:

Primeiro. Realizar, con efectos do 15 de xuño, unha primeira expansión do ámbito territorial de aplicación da tarifa Xente Nova, regulada pola Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se regula a tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (DOG núm. 248, do 31 de decembro), aos servizos de transporte público interurbano da titularidade da Xunta de Galicia que se desenvolvan na provincia de Ourense, así como aos que o fagan no conxunto de concellos do contorno de Pontevedra que figuran no anexo I deste acordo.

Segundo. A posibilidade efectiva de acceder á tarifa Xente Nova estará condicionada á efectiva dispoñibilidade de máquinas canceladoras habilitadas para o pagamento coa TMG e a TMG Xente Nova por parte do conxunto de vehículos adscritos a cada concesión de servizos de transporte público de viaxeiros por estrada de uso xeral.

Desde a data en que resultará efectiva a expansión consonte co indicado no punto anterior, esta dispoñibilidade abranguerá o conxunto de concesións que se incorporan como anexo II deste acordo, anexo que será publicado na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade e en bus.gal. As concesións de servizos de transporte público regular de viaxeiros por estrada de uso xeral que atenden tráficos nos ámbitos territoriais obxecto desta expansión e que non cumprirían no momento inicial o requisito de dispoñibilidade de sistemas de cancelación, son as incorporadas no anexo III deste acordo; a través daquelas páxinas web informarase das datas en que estas concesións incorporen os sistemas de cancelación e, polo tanto, nas que xa será aplicable a tarifa Xente Nova nas ditas concesións.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO I

Concellos da provincia de Pontevedra integrados nesta primeira expansión:

– A Lama.

– Barro.

– Bueu.

– Campo Lameiro.

– Cerdedo-Cotobade.

– Marín.

– Moraña.

– Poio.

– Ponte Caldelas.

– Pontevedra.

– Sanxenxo.

– Soutomaior.

– Vilaboa.

ANEXO II

Concesións de servizos de transporte público regular de viaxeiros por estrada de uso xeral nas que a tarifa Xente Nova resultará de aplicación desde a data de efectividade desta primeira expansión:

Ámbito territorial

Concesión

Denominación

Concesionario

Ourense

XG600

Comarca do Carballiño

Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L., Bernárdez e Cía, S.L. e Autocares Pérez, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG601

Comarca da Baixa Limia

Empresa Gavilanes, S.L., Rutas 82, S.L., Antonio Salgado Pérez-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG602

Leste da comarca de Allariz-Maceda

Sociedad de Transportes, S.L. e Barcala Sanz, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG603

Comarca de Terra de Celanova

Sociedad de Transportes, S.L., Autos González, S.L., Barcala Sanz, S.L., Auto Industrial, S.A., Empresa Villalón, S.A., Aguas de Incio, S.A. e Eleuterio López y Cia, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG604

Comarca do Ribeiro

Autos González, S.L., Palacios Bus, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L., Traviacar, S.L., Auto Industrial, S.A., Empresa Villalón, S.A., Aguas de Incio, S.A. e Eleuterio López y Cía, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG605

Comarca de Ourense

Minhobus-Transportes do Minho, S.U.L., Empresa Gavilanes, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG610

Comarca de Viana

Sociedad de Transportes, S.L., Agrupación de Transporte de Viajeros, S.A., Autos Bibey, S.L. e Rafael Pérez Vázquez-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG611

Comarca da Limia

Sociedad de Transportes, S.L., Barcala Sanz, S.L. e Autocares Reza, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG612

Comarca de Valdeorras

Barcala Sanz, S.L., Autobuses Urbanos de Ponferrada, S.A. e Agrupación de Transporte de Viajeros, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG613

Comarcas de Terra de Caldelas e Terra de Trives

Barcala Sanz, S.L., Palacios Bus, S.L. e Autocares Castro Caldelas, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG614

Comarca de Verín

Sociedad de Transportes, S.L., Autocares Guerra, S.L., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Castromil, S.A.U., Eleuterio López y Compañía, S.L.U., La Hispano Igualadina, S.L. e Vigo-Barcelona, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG615

Oeste da comarca de Allariz-Maceda

Sociedad de Transportes, S.L. e Barcala Sanz, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG622

Norte das comarcas da Paradanta e O Condado

Autos González, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Gómez de Castro, S.A.U., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Miño, S.L., Orense-Benavente, S.A. e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG623

Lugo-Ourense-Vigo, con anexos

Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Castromil, S.A.U., Eleuterio López y Compañía, S.L.U., Gómez de Castro, S.A.U., Vigo-Barcelona, S.A. e Aguas de Incio, S.A.U.-UTE, Lei 18/1982, do maio.

Ourense

XG644

O Barco de Valdeorras-Monforte de Lemos-Ourense, con anexos

Agrupación de Transporte de Viajeros, S.A., Palacios Bus, S.L., Luisa Rodríguez Núñez y Barcala Sanz, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG645

Castro Caldelas-Monforte de Lemos, con anexos

Palacios Bus, S.L., Autocares Castro Caldelas, S.L. e Barcala Sanz, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG666

Termos municipais da Cañiza e Arbo

Autos González, S.L., Autocares Meiriño, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Autos Arcade, S.L., Gómez de Castro, S.A.U., Auto Industrial S.A.U., Empresa Miño, S.L. e Orense Benavente, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG684

Beariz-O Irixo-O Carballiño, con anexos

Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L., Bernárdez y Cía, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L. e Traviacar, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG685

Boborás-O Carballiño, con anexos

Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L. e Bernárdez y Cía, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG687

O Irixo-O Carballiño, con anexos

Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L., Bernárdez y Cía, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L. e Traviacar, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG688

Termos municipais do Pereiro de Aguiar, Coles e Barbadás

Autos González S.L., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Aguas de Incio, S.A.U. e Eleuterio López y Compañía, S.L.U.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG689

A Peroxa-Coles-Ourense, con anexos

Autocares Alfer, S.A., Empresa Toén, S.L., Autos Gómez, S.L., Autocares Manolete, S.L., Autocares A. González, S.L., Autocares La Mezquita, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG690

San Cibrao das Viñas-Ourense, con anexos

Autocares Gonzalez, S.L.

Ourense

XG691

O Pereiro de Aguiar-Ourense, con anexos

Autos González, S.L., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Aguas de Incio, S.A.U. e Eleuterio López y Compañía, S.L.U.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG692

Nogueira de Ramuín-Ourense, con anexos

Autocares Pérez, S.A., Autos González, S.L., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Aguas de Incio, S.A.U., Eleuterio López y Compañía, S.L.U.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG701

Muíños-Bande, con anexos

Autocares E. Losada, S.L., Antonio Salgado Pérez-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG703

Celanova-Cartelle, con anexos

Autocares E. Losada, S.L., Autocares Camilo Heredia, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG705

Leiro-Cenlle-Ribadavia, con anexos

Autos González, S.L., Palacios Bus, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L., Traviacar, S.L., Auto Industrial, S.A., Empresa Villalón, S.A., Aguas de Incio, S.A. e Eleuterio López y Cía, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG706

Avión-Carballeda de Avia, con anexos

Autos González, S.L., Palacios Bus, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L., Traviacar, S.L., Auto Industrial, S.A., Empresa Villalón, S.A., Aguas de Incio, S.A. e Eleuterio López y Cía, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG707

Toén-Barbadás-Ourense, con anexos

Autocares Alfer, S.A., Empresa Toén, S.L., Autos Gómez, S.L., Autocares Manolete, S.L., Autocares A. González, S.L., Autocares La Mezquita, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

XG708

Termo municipal do Barco de Valdeorras

Autobuses Urbanos de Ponferrada, S.A., Agrupación de Transportes de Viajeros, S.A e Barcala Sanz, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Ourense

V-7014

A Cañiza-Vigo, con anexos

Empresa Ojea, S.A.

Ourense

V-7068

A Coruña-Ferrol-Ortigueira-Viveiro-Vilalba-Lugo, con anexos

Arriva Noroeste, S.L.

Pontevedra

XG-517

A Coruña-Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo-Fisterra, con anexos

Auto Industrial, S.A., Castromil, S.A., La Hispano Igualadina, S.L., Empresa Monforte, S.A., Autobuses de Pontevedra, S.A., Transportes La Unión, S.A. e Vigo-Barcelona, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG-516

Lugo-Lalín-Pontevedra-Vigo, con anexos

Auto Industrial, S.A., Castromil, S.A., La Hispano Igualadina, S.L., Empresa Monforte, S.A., Autobuses de Pontevedra, S.A., Transportes La Unión, S.A. e Vigo-Barcelona, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG623

Lugo-Ourense-Vigo, con anexos

Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Castromil, S.A.U., Eleuterio López y Compañía, S.L.U., Gómez de Castro, S.A.U., Vigo-Barcelona, S.A. e Aguas de Incio, S.A.U.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG624

Sur da comarca de Pontevedra, Norte da de Vigo e termo municipal de Tui

Autos González S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Miño, S.L., Empresa Monforte, S.A.U., La Hispano Igualadina, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A. e Galega de Autocares Gala, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG625

Comarca do Morrazo

Eugenio Bermúdez e Hijos, S.L., Autobuses Cerqueiro, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Miño, S.L., Empresa Monforte, S.A.U., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG626

Sur da comarca do Salnés e termo municipal de Poio

José Acha García e Hijos, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Monforte, S.A.U., La Hispano Igualadina, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e Vigo-Barcelona, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG627

Norte da comarca do Salnés e termo municipal de Catoira

José Acha García e Hijos, S.L., Empresa Pereira, S.L.U., Benito Abalo, S.L., Transportes José Núñez Barros, S.A.U., Exprés de Tabeirós, S.L.U., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Monforte, S.A.U., La Hispano Igualadina, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG628

Metropolitano de Pontevedra

Autocares Rías Baixas, S.L., Auto Industrial, S.A.U., Autobuses de Pontevedra, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Galega de Autocares Gala, S.L., Transportes La Unión, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG665

Termo municipal de Forcarei

Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L., Bernárdez y Cía, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L. e Traviacar, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG672

Termos municipais de Moaña e Vilaboa

Eugenio Bermúdez e Hijos S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Empresa Miño, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG673

Contorno metropolitano de Pontevedra

Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A.U., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Miño, S.L., Empresa Monforte, S.A.U., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e Auto Industrial, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG695

Termos municipais de Meaño e Cambados

Autocares Rías Baixas, S.L., Viuda de J. Domímguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Empresa Miño, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

XG698

Leste da comarca de Pontevedra e norte da comarca de Vigo

Autocares Manuel García Castro, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade S.L., Empresa Miño, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio.

Pontevedra

V-3147

Bueu e os seus arredores-Cangas, con anexos

Autobuses Cerqueiro, S.L.

Pontevedra

V-3216

Lalín-Pontevedra, con anexos

Donado Campos, S.L.

ANEXO III

Concesións de servizos de transporte público regular de viaxeiros por estrada de uso xeral que se integrarán no sistema de cancelación progresivamente:

Ámbito territorial

Concesión

Denominación

Concesionario

Ourense

XG686

Termos municipais de San Cristovo de Cea, Dozón e Piñor

Autocares Pérez, S.A.

Pontevedra

V-0387

Cambeses-Pontevedra, con anexos

Autocares Manuel García Castro, S.L.

Pontevedra

V-0448

Cambados-Pontevedra, con anexos

Autocares Rías Baixas, S.L.

Pontevedra

V-0533

Avión-Pontevedra, con anexos

Autocares Manuel García Castro, S.L.

Pontevedra

V-2289

Bandeira-Pontevedra, con anexos

Autocares Rías Baixas, S.L.

Pontevedra

V-3154

Amil-Carril, con anexo

Benito Abalo, S.L.

Pontevedra

V-7038

Pontevedra-Vilagarcía de Arousa-Vilanova de Arousa, con anexos

Transportes José Núñez Barros, S.A.