Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de auto de rectificación de erro (PO 516/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 516/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Carballo Díaz e Yolanda Ferreiro Carballo contra Samfigal Gestión Integral, S.L.U., sobre ordinario, se ditou auto con data do 24 de xaneiro de 2020, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Parte dispositiva:

Dispoño:

1. Rectificar a sentenza con data do 16 de xaneiro de 2020 nos seguintes termos:

– No parágrafo terceiro do feito probado primeiro da sentenza:

Onde di: “Ambas as dúas están afiliadas a CC.OO. pero non exercen nin exerceron representación sindical dos traballadores”; debe dicir: “Ambas as dúas están afiliadas a UGT pero non exercen nin exerceron representación sindical dos traballadores”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso ningún distinto ao que, se é o caso, se poida interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina o maxistrado xuíz. Dou fe.

O maxistrado xuíz. O letrado da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Samfigal Gestión Integral, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 1 de xuño de 2020

O letrado da Administración de xustiza