Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 4024/2020, contra a Resolución do 9 de decembro de 2019 pola que se desestima o recurso de alzada interposto fronte á Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que se aproba a lista definitiva de puntuacións obtidas polas persoas participantes no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia e se convoca o acto de elección.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. número 4024/2020, interposto por María del Carmen González Mao contra a Resolución do 9 de decembro de 2019 pola que se desestima o recurso de alzada interposto fronte á Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que se aproba a lista definitiva de puntuacións obtidas polas persoas participantes no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia e se convoca o acto de elección.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade