Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23762

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da oferta ordinaria de emprego público correspondente ao ano 2017.

No BOP de Ourense do día 23 de xaneiro de 2020 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2017.

No BOP de Ourense do día 13 de febreiro de 2020 publicouse a corrección de erros advertidos na publicación das bases do día 23 de xaneiro.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2017.

A) Cadro de persoal:

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso libre:

• Dúas (2) prazas de arquitecto/a, subgrupo A1, escala da administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Concurso-oposición. Título universitario de grao en Arquitectura ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de técnico/a especialista en recursos humanos e formación profesional, subgrupo A2, escala da administración especial, subescala de servizos especiais, clase de labores especiais. Concurso-oposición. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel como mínimo 2 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, subgrupo A1, escala da administración especial, subescala de servizos especiais, clase de labores especiais. Concurso-oposición. Título universitario de grao en Enxeñaría Informática, de Sistemas e Servizos de Telecomunicacións, de Redes de Telecomunicación, Electrónica de Telecomunicacións ou en Sistemas de Telecomunicación ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Dúas (2) prazas de técnico/a superior de desenvolvemento local e fondos europeos, subgrupo A1, escala da administración especial, subescala de servizos especiais, clase de labores especiais. Concurso-oposición. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de técnico/a especialista en desenvolvemento local e fondos europeos, subgrupo A2, escala da administración especial, subescala de servizos especiais, clase de labores especiais. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de traballador/a social subgrupo A2, escala da administración especial, subescala técnica, clase técnico medio. Concurso-oposición. Título universitario de grao en Traballo Social ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de administrativo/a da administración xeral, subgrupo C1, escala da administración xeral, subescala administrativa. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Tres (3) prazas de auxiliares de administración xeral, subgrupo C2, escala de administración xeral, subescala auxiliar. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Reservase para persoas con diversidade funcional a seguinte praza das incluídas na epígrafe anterior:

• Unha (1) praza de auxiliar de administración xeral, subgrupo C2, escala de administración xeral, subescala auxiliar. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso por promoción interna vertical:

• Unha (1) praza de técnico/a da administración xeral, subgrupo A1, escala da administración xeral, subescala técnica. Concurso-oposición. Título universitario de grao en Dereito, Ciencias Políticas, Económicas ou Empresariais, de grao de Dereito, Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas, Ciencias Políticas e das Administracións Públicas, Económicas ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) nalgunha desas ramas do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Catro (4) prazas de administrativo/a da administración xeral, subgrupo C1, escala da administración xeral, subescala administrativa. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente ou unha antigüidade de dez anos na subescala C2 ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Dúas (2) prazas de auxiliares de administración xeral, subgrupo C2, escala da administración xeral, subescala auxiliar. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Reservase para persoas con diversidade funcional a seguinte praza das incluídas na epígrafe anterior:

• Unha (1) praza de auxiliar de administración xeral, subgrupo C2, escala de administración xeral, subescala auxiliar. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

B) Cadro laboral:

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

• Dúas (2) prazas de operario/a sen cualificar, agrupación profesional sen titulación. Concurso-oposición. Sen requisito de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Dúas (2) prazas de porteiro/a, agrupación profesional sen titulación. Concurso-oposición. Sen requisito de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de chapista asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Cinco (5) prazas de chofer operario/a de lixo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de coordinador/a de actividades deportivas, asimilada ao subgrupo C1. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Oito (8) prazas de monitor/a deportivo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de monitor/a de lecer no rural, asimilada ao subgrupo C1. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Unha (1) praza de mestre/a de talla en madeira a tempo parcial, asimilada ao subgrupo C1. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Unha (1) praza de mestre/a de cerámica e olaría a tempo parcial, asimilada ao subgrupo C1. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Unha (1) mestre/a de pintura e debuxo a tempo parcial, asimilada ao subgrupo C1. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Unha (1) praza de operario/a de lixo, agrupación profesional sen titulación. Concurso-oposición. Sen requisito de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de operario/a do Centro de recollida de animais abandonados, agrupación profesional sen titulación. Concurso-oposición. Sen requisito de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de mestre/a de modelaxe de barro a tempo parcial, asimilada ao subgrupo C1. Concurso-oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente e titulación que habilite para a realización das funcións inherentes a esta praza. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

Resérvanse para persoas con diversidade funcional as seguintes praza das incluídas na epígrafe anterior:

• Unha (1) praza de porteiro/a agrupación profesional sen titulación. Concurso-oposición. Sen requisito de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de operario/a sen cualificar agrupación profesional sen titulación. Concurso-oposición. Sen requisito de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo por promoción interna vertical:

• Dúas (2) prazas de chofer especialista, asimilada ao subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Tres (3) prazas de albaneis, asimilada ao subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

O prazo para presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (norma que se considera vixente de acordo co establecido na disposición derradeira sétima da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación e papel da solicitude e da documentación anexa na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, e xuntarase á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A1, 19 euros, para as prazas do grupo A2, 17 euros, para as prazas do grupo C1, 15 euros, para as prazas do grupo C2, 13 euros, para as prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación, 10 euros.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 28 de febreiro do 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense