De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2020, que se xunta a esta resolución.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020
José A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística
ANEXO
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo, a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares de alumnos/as do máster universitario en Economía. |
11.2.2020 |
0 € |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares dos/das estudantes da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. |
27.4.2020 |
0 € |