Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 3 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, número 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación ás interesadas en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento das interesadas que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 3 de xuño de 2020

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 22595.

DNI/NIE/PAS: FQ136245.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ Jesús Soria, nº 13, 3º I, 32002 Ourense.

Nº expediente: 32997.

DNI/NIE/PAS: 080725253.

Derradeiro enderezo coñecido: avenida San Lázaro, nº 31, 1º dta., 32600 Verín (Ourense).