Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23917

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508C).

Con data do 3 de febreiro de 2020 publícase no Diario Oficial de Galicia, número 22, a Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508C).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 8 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

De conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de abril de 2020, de continuación de procedementos de adxudicación de contratos e de concesión de subvencións que estivesen en tramitación no momento de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicado por Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da mesma data (DOG número 69 bis, do 8 de abril), concretamente en relación con procedementos de subvencións en que xa se aprobasen e publicasen as correspondentes bases reguladoras e a convocatoria mais non se ditase a resolución de concesión, e logo da valoración favorable do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de maio de 2020, a conselleira de Política Social resolveu continuar o expediente de subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior

Nº expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508C 2020/007

Concello de Cangas-Oficina Municipal de Voluntariado

P3600800A

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.e).

BS508C 2020/013

Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

• Anexo I asinado.

BS508C 2020/016

Concello de Moaña

P3602900G

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

BS508C 2020/017

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal

G15496607

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): concordancia do número de días das persoas voluntarias co indicado no anexo I.

BS508C 2020/018

Concello de Vedra

P1509000D

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto presentado.

BS508C 2020/019

Asociación Medioambiental Amabul

G15925209

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

BS508C 2020/021

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

• Anexo I: número de persoas beneficiarias.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): número de persoas beneficiarias.

BS508C 2020/023

Concello de Lalín

P3602400H

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia do número de persoas beneficiarias.

BS508C 2020/024

Concello de Monterrei

P3205100E

• Anexo I: revisar o número de persoas beneficiarias, concordancia da data inicio e da data de fin acorde co indicado no proxecto de actividades.

BS508C 2020/026

Concello de Val do Dubra

P1508900F

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: número de persoas beneficiarias, revisar a información en «datos das persoas voluntarias» e en «partes do orzamento» para que sexan acordes co proxecto presentado.

BS508C 2020/028

Concello de Mondoñedo

P2703000F

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): revisar a data de inicio indicada nos puntos 4 e 7.

• Anexo I: modificar, se é preciso, a data de inicio acorde cos cambios no proxecto presentado.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.e).

BS508C 2020/029

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

BS508C 2020/032

Concello de Cervo

P2701300B

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias

• Anexo I: revisar as áreas e sectores de poboación para que estean acordes co proxecto presentado.

BS508C 2020/033

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia na data de fin de proxecto.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.e).

BS508C 2020/034

Concello de Viveiro (Oficina Municipal de Voluntariado)

P2706700H

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

• Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia na data de inicio e fin de proxecto.

BS508C 2020/036

Concello de Mos

P3603300I

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

BS508C 2020/037

Concello da Veiga

P3208400F

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.c).

BS508C 2020/038

Concello de Irixoa

P1504000I

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: modificar o orzamento solicitado, o número de días en «datos das persoas voluntarias» e revisar o número de teléfono en «datos da entidade solicitante» e «datos da persoa de contacto».

BS508C 2020/040

Asociación Socio Cultural ASCM

G15161573

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

BS508C 2020/041

Concello de Lugo/Oficina Municipal de Voluntariado

P2702800J

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.c).

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social (art. 9.1.d).

BS508C 2020/043

Concello de Sarria

P2705700I

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): indicar unha denominación para o proxecto, cuantificar o número de persoas beneficiarias e revisar a data de inicio de proxecto indicada nas páxinas 4 e 9.

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde ao proxecto.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.c).

BS508C 2020/044

Fundación Banco Farmacéutico de Galicia

G70558887

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total.

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 6.4.

BS508C 2020/045

Concello do Porriño

P3603900F

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

BS508C 2020/046

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): número de persoas beneficiarias, orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total.

• Anexo I: revisar o número de persoas beneficiarias, completar a información en «datos da persoa de contacto» e en «partes do orzamento» indicar o orzamento total acorde co proxecto.

BS508C 2020/047

Asociación Ecos do Sur

G15354483

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria, «partes do orzamento» e o número de persoas beneficiarias acorde co proxecto presentado.

BS508C 2020/048

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

BS508C 2020/049

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

• Anexo I: número de persoas voluntarias consonte o art. 2.4 da orde, o que implica revisar «datos das persoas voluntarias», «partes do orzamento» e o orzamento solicitado; adecuar as áreas de actuación ao proxecto presentado.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): indicar o número de persoas voluntarias, revisar o orzamento e indicar as funcións/tarefas das persoas voluntarias no proxecto.

BS508C 2020/050

Fundación Eduardo Pondal

G70262951