Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 17 de xuño de 2020 Páx. 24182

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 1 de xuño de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento AU100A).

BDNS (Identif.): 509843.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables dos sistemas de abastecemento á poboación.

Non poderán ser beneficiarios os concellos que xa o fosen ao abeiro da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2019.

Segundo. Obxecto

Bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento AU100A).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 1 de xuño de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento AU100A).

Cuarto. Importe

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de douscentos cincuenta mil euros (250.000 €), distribuídos nas seguintes anualidades:

– 2020: 50.000 €.

– 2021: 200.000 €.

O importe das axudas será do 80 % do investimento subvencionable, co límite máximo de quince mil euros (15.000 €) por solicitude (IVE incluído), ata esgotar o crédito referido no punto anterior.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2020

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Presidenta de Augas de Galicia