Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24259

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente para o ano 2020 (código de procedemento IN421U).

Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2019, que foi publicada no DOG número 21, do 31 de xaneiro de 2020, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

O artigo 2.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se pasado un mes desde a apertura do prazo de solicitudes nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe lista de espera. O prazo de presentación de solicitudes comezou o día 21 de febreiro e o día 2 de xuño existía listaxe de espera na epígrafe dirixida a persoas físicas, ao tempo que non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos na epígrafe de autónomos ou empresas.

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración desa distribución non precisará de nova convocatoria pero si as modificacións que procedan no expediente de gasto, e da publicación nos mesmos medios ca a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e de mobilidade eficiente,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente para 2020 en función do volume de solicitudes recibido, e modificar a táboa do artigo 2.1 da Resolución do 30 de decembro do 2019 do seguinte xeito:

Tipo de beneficiario

Aplicación orzamentaria

Dotación orzamentaria inicial (€)

Modificacións (€)

Dotación orzamentaria final (€)

Persoas físicas

09.A2.733A.780.4

600.000

15.000

615.000

Autónomos ou empresas

09.A2.733A.772.2

100.000

-15.000

85.000

Total

 

700.000

0

700.000

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia