Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 174/2014).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social número 174/2014 deste xulgado do social se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 174/2014 seguidos por instancia de Pablo Gómez Rodríguez, asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (en diante, TXSS), asistidos pola letrada da Seguridade Social Sra. Goyanes Viviani; a Mutua Gallega (actualmente Ibermutua), asistida polo letrado Sr. Torrado Oubiña; a Mutua Universal Mugenat, asistida pola letrada Sra. Gómez Balboa; a Mutua Fremap, asistida polo letrado Sr. Pena Penela; Atesvi, S.L., asistida pola letrada Sra. Carreira Pérez, despois de ser citado o seu administrador concursal persoa xurídica a Sociedad Profesional Torres Díaz, Sanjurjo y Barral, S.L.P.; Isalcor Valga, S.L., despois de ser citado en calidade de administrador concursal Javier López Romero; e Carpintería Metálica Tecre, S.L., que non comparecen malia a súa citación en forma legal; con base nos seguintes,

Resolvo:

Que, aceptando parcialmente a demanda interposta por Pablo Gómez Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social; a Mutua Gallega (actualmente Ibermutua), Mutua Universal Mugenat, Mutua Fremap, Atesvi, S.L., con citación do seu administrador concursal persoa xurídica Sociedad Profesional Torres Díaz, Sanjurjo y Barral, S.L.P.; Isalcor Valga, S.L., despois de ser citado en calidade de administrador concursal Javier López Romero, e Carpintería Metálica Tecre, S.L.; declárase o dereito do demandante a percibir a prestación por incapacidade permanente total para a profesión habitual derivada de accidente de traballo conforme a base reguladora calculada en atención ao salario que correspondía ao demandante segundo o sinalado no fundamento xurídico cuarto desta sentenza e, en consecuencia, declaro a responsabilidade da empresa Isalcor Valga, S.L. por infracotización, con condena desta a lle aboar ao demandante as diferenzas entre a prestación debida conforme unha base reguladora de 1.507,45 euros/mes (55 %=829,09 euros) e a percibida conforme unha base reguladora de 1.099,28 euros/mes (55 %=604,60 euros), con dereito a melloras, revalorizacións e os xuros que legalmente procedan. Declárase a responsabilidade solidaria de Carpintería Metálica Tecre, S.L. Todo iso sen prexuízo da obriga de anticipo de Mutua Gallega e Mutua Fremap, nos respectivos casos. Declárase a responsabilidade subsidiaria de Atesvi, S.L., sen prexuízo da responsabilidade da Mutua Universal Mugenat. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS/TXSS para o caso de insolvencia das anteriores.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: advírtense as partes de que contra esta sentenza se pode interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación e designando letrado ou graduado social colexiado para a súa tramitación. Advírtese o recorrente que non fose traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, nin gozase do dereito de asistencia xurídica gratuíta, que deberá acreditar ao tempo de interpolo ter ingresado o importe de 300 euros na conta ES55 0049 3569 9200 0500 1274 con nº 5076-0000-65, seguido do número de procedemento (catro díxitos) e do ano (dous díxitos), co concepto “recursos”, do Banco de Santander, e achegar o xustificante acreditativo. Se a sentenza impugnada o condenou ao pagamento dunha cantidade, tamén se debe acreditar ter consignado a devandita cantidade na referida conta, no momento do anuncio, salvo o beneficiario de xustiza gratuíta. Esta consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito. Se a recorrente for entidade xestora e tiver sido condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso deberá xuntar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se a recorrente for unha empresa ou mutua patronal que tiver sido condenada ao pagamento dunha pensión da Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social logo da determinación por esta do seu importe unha vez lle sexa comunicada polo xulgado. Esta consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito. Se a recorrente for unha entidade xestora e tiver sido condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso deberá xuntar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se a recorrente for unha empresa ou mutua patronal que tiver sido condenada ao pagamento dunha pensión da Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social logo da determinación por esta do seu importe unha vez lle sexa comunicada polo xulgado. Esta consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só se poderá levar a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Isalcor Valga, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020.

A letrada da Administración de xustiza