Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación, con carácter temporal, de educadores/as infantís das escolas infantís municipais.

A Resolución da Alcaldía nº 257/2020, do 12 de marzo de 2020, aprobou as bases específicas e a convocatoria para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das escolas infantís municipais de Teo, mediante o sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 73, do 26 de maio de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 26 de maio de 2020

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde