Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2019/088-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMTS e CT Couso II.

Situación: A Estrada.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 608 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A7TOMVLU//35-62 do tramo LES8096752 de LA-56 e final no CT proxectado. CT con relación 20.000/400 V a 100 kVA. As instalacións están situadas na parroquia de Couso, no concello da Estrada (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente. IN407A 2019/088-4. Termo municipal: A Estrada (Pontevedra).

Denominación: LMTS e CT Couso II.

Parcela 1:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36017J5230039200000Q.

Polígono: 523.

Parcela: 392.

Lugar: Pumares.

Cultivo: labor.

Afección: 6,56 m2 para servidume de terras.

Parcela 2:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36017J5230039100000G.

Polígono: 523.

Parcela: 391.

Lugar: Pumares.

Cultivo: labor.

Afección: 4,81 m2 para servidume de terras.

Parcela 3:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36017J5230041100000Z.

Polígono: 523.

Parcela: 411.

Lugar: O Francés.

Cultivo: prado.

Afección: 12,96 m2 superficie ocupada e 14,6 m2 servidume paso canalización.