Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Bergondo (expediente-e IN407A 2020/090-1).

Expediente-e: IN407A 2020/090-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT PED703 apoio número 19, no lugar das Leiras.

Concello: Bergondo.

Características técnicas:

• Treito liña eléctrica de media tensión aérea a 15 kV cunha lonxitude de 332 metros, coa orixe no apoio número 19 proxectado da LMT PED703, condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio número 21 proxectado da LMT PED703.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG número 54, do 19 de marzo).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 2 de xuño de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2020/90-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT PED703 apoio número 19, no lugar das Leiras.

Concello: Bergondo.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Longueira.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio número: 19.

• M2: 2,0.

Número de predio: 2.

Lugar: Pena.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio número: 20.

• M2: 2,0.

Número de predio: 3.

Lugar: Codesal-Cubos.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio número: 21.

• M2: 2,0.