Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/IGVS/CMATV/2019/00038 interposto contra a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ditada no expediente 15-BONAL-112/2017.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a María Almudena Villar Pereira, a resolución do recurso de alzada RA/IGVS/CMATV/2019/00038, do 27 de febreiro de 2020, interposto contra a resolución do director xeral do IGVS do 21 de decembro de 2018, pola que se declarou a desistencia da súa solicitude de prórroga da axuda do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2020

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente: 15-BONAL-112/2017.

Interesada: María Almudena Villar Pereira.

Acto notificado: resolución recurso alzada.