Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 200/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 200/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maximino Liñares Illodo contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño S.A., Refojo y González, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020.

Álzase a suspensión do presente procedemento e consultada para ese efecto pola letrada da Administración de xustiza a Axenda de Sinalizacións deste órgano xudicial, sinálase para a celebración da comparecencia o próximo día 10.7.2020, ás 9.50 horas, debendo comparecer as partes na sala de audiencias número 1 deste xulgado sito na rúa Berlín, s/n, CP 15707, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela con todos os medios de proba dos que tenten valerse.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza